Día Mundial do Consumidor

22/03/2013

O pasado 15 de marzo, celebrouse o día mundial dos dereitos do consumidor que neste ano 2013, tiña como lema a seguridade dos produtos. Se ben, a proposta da UE de que esta fora a materia sobre a que xirara tan importante data resultou interesante, desde a UCGAL consideramos que cando falamos de seguridade nos produtos, non só debemos pensar nos produtos non alimenticios senón tamén nestes, máxime nun escenario no que  se están a coñecer tantas irregularidades ao longo de toda a Unión Europea que evidencian un claro atentado contra o dereito á información dos consumidores e usuarios.

Ademais no caso concreto do noso País, esta asociación estima que no podíamos descuidar falta de seguridade tamén en relación con outros produtos e servizos que están a causar tanto dano senón á saúde sí ás economías de moitas familias. Así o sinalou o secretario da organización na entrevista mantida no programa Voces de Galicia.

Co gallo desta celebración, membros desta organización atenderon un punto de información ubicado na céntrica Praza do Toural, en Santiago de Compostela onde entregaron material divulgativo sobre diversas materias de consumo.

Deixa unha resposta