UCGAL e CARREFOUR poñen en marcha o evento “O teu desexo para 2021”

15/12/2020

Baixo o lema “O teu desexo para 2021” UCGAL e CARREFOUR coa colaboración da DIrección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, poñen en marcha un sorteo dirixido á cativada de ate 12 anos de idade.

O propósito deste evento é que nenas e nenos traten de plasmar nun debuxo o seu desexo para o ano 2021.

O evento desenvolverase principalmente a través do perfil da UCGAL na rede social Facebook e conta con dúas categorías dirixidas, a primeira a nenas e nenos de ate 12 anos de idade e residentes en Galicia; a segunda dirixida a nenas e nenos de ate 12 anos de idade que se atopen en situación de acollida en centros de protección de menores e/ou que reciban atención en centros de día de atención á infancia, de Galicia.

Galego_desexo2021

Para poder participar, os pais, nais ou representantes legais deberán publicar os debuxos dos menores nos comentarios da publicación do evento no perfil da UCGAL en Facebook e atender ás Bases Legais do evento (Galego  Castelán). Ademais e só para o caso das nenas e dos nenos acollidos en centros de proteción ou atención poderán tamén enviar os seus debuxos a medio de correo electrónico remitido desde os propios centros. Para promover a participación no evento, contamos coa inestimable colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

Entre os nenos e nenas participantes procederase ao sorteo de dúas tarxetas agasallo por valores de 100 € (categoría 1) e 500 € (categoría 2) cambiables por xoguetes e/ou material escolar en calquera establecemento Carrefour de Galicia.

Deixa unha resposta