Baixo o lema “O teu desexo para 2022” UCGAL e CARREFOUR coa colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia, poñen en marcha un sorteo dirixido a escolas infantís e centros de menores de Galicia.
O propósito deste evento é que nenas e nenos traten de plasmar nun debuxo ou composición o seu desexo para o ano 2022.
O evento conta con dúas categorías dirixidas, a primeira a nenas e nenos alumnos e alumnas do primeiro ciclo de educación infantil; a segunda dirixida a nenas e nenos de ate 12 anos de idade que se atopen en situación de acollida en centros de protección de menores e/ou que reciban atención en centros de día de atención á infancia, de Galicia.
Para poder participar, as escolas e centros deberán remitir as composicións ou debuxos por correo electrónico e atender ás Bases Legais do evento. Para promover a participación no evento, contamos coa inestimable colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.
Entre as escolas e centros participantes participantes procederase ao sorteo de dúas tarxetas agasallo por valor de 500 € cada unha delas cambiables por xoguetes e/ou material escolar en calquera establecemento Carrefour de Galicia.