UCGAL presta durante 2020 un servizo de consulta e resolución de reclamacións ós consumidores, subvencionado pola Xunta de Galicia. Dito servizo será totalmente gratuíto cando se trate de servizos relacionados con produtos e servizos financeiros, ou de subministro de enerxía eléctrica ou de gas.
A Xunta de Galicia, a través do IGCC e a UCGAL manteñen un convenio de colaboración para a atención e resolución de reclamacións no eido dos servizos financeiros, gas e electricidade. A medio deste convenio, a UCGAL está a prestar, de forma gratuíta a aqueles consumidores que formulen nas súas oficinas unha consulta ou presenten unha reclamación relacionada coas sinaladas materias, os seguintes servizos:
- Ante unha consulta ou reclamación dun usuario, informarao dos seus dereitos e da documentación precisa ou conveniente para a tramitación dunha reclamación.
- UCGAL realizará unha mediación ante a empresa reclamada.
- Promoverá no seu caso a arbitraxe de consumo para acadar a resolución da reclamación.
- Para o caso de que nin mediación nin arbitraxe prosperen, dará traslado ao organismo competente.
Ademais e se como consecuencia das reclamacións presentadas ou das súas propias actuacións, UCGAL detectara incumprimentos graves ou xeralizados asume o compromiso de poñelo en coñecemento do Instituto Galego de Consumo e da Competencia.
Horario e contacto
O horario e lugar de atención de consultas e reclamacións obxecto deste convenio é :
- Luns, mércores e venres de 10.00 a 15.00 horas na sede da Organización: Rúa Boiro, 3 1ºA, Santiago de Compostela
- Luns, mércores e venres de 10.00 a 15.00 horas no teléfono: 981 56 64 11.
- A través do mail info@consumidores.gal
Para máis información pode acceder á web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia