Reclamacións
Segundo a OAUTEL (Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións e Servizos Dixitais), (organismo ante o que os usuarios persisten na súa reclamación, despois de facelo ante o operador, mostrando a súa insatisfacción) os servizos converxentes rexistran un volume de reclamacións é do 1,15 en MOVISTAR e 0,25 en EUSKALTEL e PEPEMOBILE (do grupo MASMOVIL, cuxos outros integrantes acadan ate 2,60). O peor, VODAFONE (9,17) que multiplica por 36 o dato de EUSKALTEL e por 8 o de MOVISTAR.
Nas reclamacións do servizo fixo destaca o volume do grupo MASMOVIL (12,60 de media), con YOIGO (20,01) e MASMOVIL (14,53). R (17,50), VODAFONE (16,12) e o grupo ORANGE, que rolda o 11 (con JAZZTEL e ORANGE preto dese limiar). MOVISTAR, PEPEMOVIL (tamén do grupo MASMOVIL) e EUSKALTEL son os mellores (6,79, 3,28 e 1,47 respectivamente).
En reclamacións móbiles, a OAUTEL sitúa a VODAFONE co peor rexistro (2,94) e a MOVISTAR co mellor (0,75). YOIGO e ORANGE móvense nun volume que vai do 1 ao 1,5.
MOVISTAR presenta o menor volume (0,17) de queixas de atención ao cliente. VODAFONE (0,51) e TELECABLE 0,04.
Segundo a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID), a frecuencia das reclamacións sobre o servizo móbil oscila entre o 0,035% de VODAFONE ata máis do 2,5% de MOVISTAR e ORANGE. Na facturación prepago flutúan entre o 0,075% de MOVISTAR e o 2% de VODAFONE. Mentres que nas referidas a contrato invístense os papeis, do 0,037% e 1,5%, respectivamente. Os tempos de resolución de reclamacións van desde os case 20 días de TELECABLE a case 1,50 días de VODAFONE.
As reclamacións sobre o servizo fixo, segundo a SETID, están nun abanico que vai desde o 0,50% de MÁSMOVIL ata entre o 2% e algo máis do 2,5% de TELECABLE, VODAFONE e MOVISTAR. Os tempos de resolución van dos 4,25 días de VODAFONE ata os 19 de R ou 16 de MASMOVIL. Por último, as reclamacións sobre factura no servizo fixo presentan uns rexistros desde o 0,09% de MASMOVIL ao 0,83% de MOVISTAR.