Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

SE ESTÁS PENSANDO EN CAMBIAR DE OPERADOR, ESTA INFORMACIÓN INTERÉSATE

Estudo Calidade dos Operadores de Telecomunicacións 2023.

A Calidade móbil deixa catro suspensos : ORANGE, MASMOVIL, R e TELECABLE.

MOVISTAR volve liderar a calidade no servizo fixo, no móbil e na global.

No servizo fixo: un operador roza os 8 puntos, dous superan os 7 e o resto está na franxa dos 6.

As diferenzas porcentuais chegan ao 40% no fixo, 169% no móbil e ata ao 69% na media.

R supera as 150 horas para reparar avarías en fixo e ORANGE aproxímase ás 110. En internet varios operadores roldan ou superan as 100 horas.

Os maiores índices de avarías en fixo corresponden a ORANGE e MASMOVILEn internet, EUSKALTEL, R e TELECABLE e os dous operadores nacionais citados.

Persisten as ofertas de Internet de velocidade asimétrica en EUSKALTEL, R e TELECABLE.


A Unión de Consumidores de Galicia avaliou a calidade dos operadores de telecomunicacións segundo os datos publicados pola Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID) e as estatísticas de reclamacións rexistradas na Oficina de Atención dos Usuarios das Telecomunicacións e Servizos Dixitais (OAUTEL).

Ao tratarse dunha análise de calidade en lugar da tradicional análise de prezos, variable sometida a unha gran volatilidade, obtense información valiosa para o mercado. Ademais, a calidade necesita investimentos que consoliden os seus avances,  o que á súa vez contribúe a lanzar resultados máis estables que os relativos aos prezos.

Puntuacións

Calidade Global é froito de analizar os datos oficiais publicados sobre calidade e reclamacións en telefonía fixa, telefonía móbil e Internet: tempo de subministración, avarías, tempo de reparación das mesmas, caudal de carga e descarga, reclamacións en fixo e móbil etc.

MOVISTAR sitúase, un ano máis, como o primeiro clasificado tanto en calidade do servizo fixo, móbil e global. É relevante que o operador que soporta a prestación do servizo universal segue sendo o mellor en termos de calidade, con diferenzas  do 40% en fixo sobre o peor da táboa, R con 5,80 puntos; ata o 169% en móbil, respecto a TELECABLE (2,31 puntos) e ata o 69% na media, tamén en relación con TELECABLE (4,24 puntos).

No Servizo Fixo, MOVISTAR alcanza 8,13 puntos. Séguenlle VODAFONE, MASMOVIL e EUSKALTEL que obteñen entre 7 e 7,51 puntos. O resto percorre a franxa dos 6 puntos.

No Servizo Móbil suspenden catro operadores: o grupo ORANGE, o grupo MASMOVIL, R e TELECABLE que obtén 2,31 puntos. VODAFONE consegue 5,90 puntos. MOVISTAR lidera con 6,22 puntos.

Con estes datos, a Calidade Global encabézaa MOVISTAR (7,17 puntos); as puntuacións máis baixas son para R e TELECABLE que suspenden. VODAFONE non chega ao 6,5; ORANGE aproba raspado e MASMOVIL achégase aos 6 puntos.

 

Avarías

Son preocupantes algúns tempos empregados na reparación de avarías. En telefonía fixa,  R, elévase a 153 horas, ¡case 6 días e medio!, por encima das 100 áchanse EUSKALTEL, ORANGE. No lado oposto, MOVISTAR e VODAFONE, con 46 e 36 horas respectivamente. Na internet, os tempos roldan as 100 horas ou algo máis nos casos de ORANGE, R, TELECABLE e EUSKALTEL (102 horas) fronte ás 46 de MOVISTAR e as 58 de VODAFONE.

A maior porcentaxe de avarías en internet corresponde a EUSKALTEL e R, 2,15% e 2,20%, únicos operadores que superan a barreira do 2%. MOVISTAR (0,66%) é o mellor neste capítulo. Séguelle VODAFONE (0,72%). En telefonía fixa cinco operadores -TELECABLE, VODAFONE, MASMOVIL e ORANGE- están entre o 1,40% e o 1,84%. Entre o 0,53% e o 0,66%, EUSKALTEL, R e MOVISTAR.

Preocupante tamén é a porcentaxe de avarías reparadas no tempo obxectivo en telefonía fixa (48 horas): MOVISTAR aproxímase ao 100%, VODAFONE ao 97% e MASMOVIL ao 92%. O resto de operadores repara entre o 85% e o 90%, excepto R que non chega nin ao 80%. Tratándose de internet, destaca MOVISTAR (99%), séguelle VODAFONE (94%). O resto oscilan entre o 85% e o 89%.

 

Escoitar entrevista na Cadena Ser - Minuto 34:25

 

Reclamacións

Segundo a OAUTEL (Oficina de Atención ao Usuario de Telecomunicacións e Servizos Dixitais), (organismo ante o que os usuarios persisten na súa reclamación, despois de facelo ante o operador, mostrando a súa insatisfacción) os servizos converxentes rexistran un volume de reclamacións é do 1,15 en MOVISTAR e 0,25 en EUSKALTEL e PEPEMOBILE (do grupo MASMOVIL, cuxos outros integrantes acadan ate 2,60). O peor, VODAFONE (9,17) que multiplica por 36 o dato de EUSKALTEL e por 8 o de MOVISTAR.  

Nas reclamacións do servizo fixo destaca o volume do grupo MASMOVIL (12,60 de media), con YOIGO (20,01) e MASMOVIL (14,53). R (17,50), VODAFONE (16,12) e o grupo ORANGE, que rolda o 11 (con JAZZTEL e ORANGE preto dese limiar). MOVISTAR, PEPEMOVIL (tamén do grupo MASMOVIL) e EUSKALTEL son os mellores (6,79, 3,28 e 1,47 respectivamente).

En reclamacións móbiles, a OAUTEL sitúa a VODAFONE co peor rexistro (2,94) e a MOVISTAR co mellor (0,75). YOIGO e ORANGE móvense nun volume que vai do 1 ao 1,5.

MOVISTAR presenta o menor volume (0,17) de queixas de atención ao cliente. VODAFONE (0,51) e TELECABLE  0,04.

Segundo a Secretaría de Estado de Telecomunicacións e Infraestruturas Dixitais (SETID), a frecuencia das reclamacións sobre o servizo móbil oscila entre o 0,035% de VODAFONE ata máis do 2,5% de MOVISTAR e ORANGE. Na facturación prepago flutúan entre o 0,075% de MOVISTAR e o 2% de VODAFONE. Mentres que nas referidas a contrato invístense os papeis, do 0,037% e 1,5%, respectivamente. Os tempos de resolución de reclamacións van desde os case 20 días de TELECABLE a case 1,50 días de VODAFONE.

As reclamacións sobre o servizo fixo, segundo a SETID, están nun abanico que vai desde o 0,50% de MÁSMOVIL ata entre o 2% e algo máis do 2,5% de TELECABLE, VODAFONE e MOVISTAR. Os tempos de resolución van dos 4,25 días de VODAFONE ata os 19 de R ou 16 de MASMOVIL. Por último, as reclamacións sobre factura no servizo fixo presentan uns rexistros desde o 0,09% de MASMOVIL ao 0,83% de MOVISTAR.

 

Banda larga

É necesario sinalar que fronte á simetría de ofertas en Mbps das velocidades de subida e baixada que presentan os operadores de ámbito estatal (1024/1024; 600/600; 300/300; 100/100; 50/50); os que operan só nalgún territorio (EUSKALTEL, R e TELECABLE) presentan asimetrías moi intensas (500/50; 300/30; 200/20; 100/10 e 50/5), excepto os 100/100 Mbps de TELECABLE.

Dito isto, o caudal medio de descarga nas ofertas de fibra e cable, van desde o 101% de VODAFONE ate o 90% de R. Pol súa parte, o caudal medio de subida nas mesmas ofertas, fluctúa entre o 101% de VODAFONE ate o 71% de TELECABLE.

Respecto ás ofertas de ADSL (20/1 Mbps) só dous operadores ofrecen datos. O caudal de subida vai do 78% de MOVISTAR ao 63% de ORANGE; no tanto que no de baixada van do 72% ao 81%.

Podes consultar a Nota de Prensa e o Informe Completo