Observatorio de consumo da UCGAL 2007

21/11/2008

En atención á evolución das consultas e reclamacións recibidas por esta Organización e en atención, como non, á situación actual de determinados mercados que afectan directamente ao conxunto de consumidores e usuarios, a Unión de Consumidores de Galicia estimou conveniente indagar e pulsar a opinión de consumidores galegos con respecto á calidade de determinados bens, produtos e servizos, ás cuestións que habitualmente máis lles preocupan e incluso coñecer cando fora posible a opinión respecto de determinados operadores que actúan no mercado minorista.

Este estudio, realizouse mediante a remisión aos socios da Unión de Consumidores de Galicia de diversos cuestionarios relativos ás seguintes materias.

  • Contratación Electrónica e Servizos de Atención ao Cliente
  • Alimentación
  • Telefonía e Aparcadoiros
  • Servizos Financeiros
  • Vivenda

 

Para completar a mostra pretendida para a realización do estudio, completouse o número de enquisas mediante a entrega persoal ou remisión a aquelas persoas consumidoras que se achegaron ou se puxeron en contacto coa Unión de Consumidores de Galicia con motivo de calquera consulta ou reclamación. En calquera dos casos, a Unión de Consumidores de Galicia entregou sobre de resposta adxunto xa franqueado de cara a facilitar a participación dos destinatarios das enquisas.

 

No cálculo de erros mostrais para poboacións infinitas e determinado un nivel de confianza do 95% estableceuse unha mostra de 600 entrevistas cun erro de +/- 4,0%.

 

Os obxectivos do estudio pasan por dar a coñecer públicamente os resultados dos mesmos e asemade remitilos ás distintas administracións públicas competentes segundo a materia obxecto de estudio.

 

A elaboración do presente estudo, foi subvencionada polo Instituto Galego de Consumo, e a Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.

Relación de resultados por materias:

  Alimentación e Hábitos Alimenticios

  Aparcadoiros

  As Novas Tecnoloxías

  Comercio electrónico

  Servizos de Atención ao Cliente

  Servizos de Servizos Financeiros

  Servizos de Telefonía fixa

  Servizos de Telefonía móbil

  Servizos de Vivenda

Deixa unha resposta