Na rehabilitación de vivendas e edificios resulta imperativo achegar información e formación para sensibilizar ós usuarios sobre os beneficios da acción rehabilitadora e o coñecemento das solucións construtivas que aporten máis calidade de vida, prestacións e un maior aproveitamento do diñeiro investido.
Á hora de emprender unha mellora é importante que os usuarios coñezan as vantaxes de rehabilitar, de aproveitar cada obra para mellorar e de como evitar que unha rehabilitación empeore outras esixencias; tamén consideramos imprescindible que coñezan as esixencias normativas en materia térmica, acústica e de seguridade contra o lume; así como conseguir que á vez que afronten unha rehabilitación logren melloras nas prestacións acústicas e de seguridade pasiva contra os incendios.