Cuenta 1 2 3. Sinxelo, persoal, xusto?

26/06/2015

Cuenta 1 2 3  lanzada o pasado 25 de maio polo Banco Santander preséntase como un produto excesivamente complexo que, malia o que din informacións que se poden atopar na rede, si está protexido polo Fondo de Garantía de Depósitos por 100.000 euros por titular. O que chama a atención desta conta é a larga lista de condicións que debemos cumprir para xerar remuneracións: ter saldos elevados, domiciliar recibos, facer uso da tarxeta de crédito A Conta 1 2 3 promete unha alta rendibilidade aos clientes, do 1 ao 3%, dependendo da cantidade de diñeiro depositado na conta pero non é doado chegar ao 3% e o Banco Santander sabeo. De feito, se o titular non pode cumprir as condicións da conta terá que pagar unhas comisións de mantenemento máis elevadas. Como resultado, é posible acabar perdendo cartos con esta conta.

A publicidade da Cuenta 1 2 3 promete que o cliente obterá remuneración “desde o primeiro céntimo de euro” e ata un límite máximo de 15.000 euros. O certo é que só aqueles saldos que superen os 1000 euros obterán remuneración, se temos menos de 1000 euros, non.

Entón, se teño uns ingresos limitados e o meu saldo en conta non chega aos 1000 euros non vou recibir remuneración ningunha polo meu diñeiro? Non. Non ter ese saldo mínimo diario que te da dereito á remuneración (entre 1.000 e 2.000 €, un 1%; máis de 2.000 e ata 3.000 € un 2% e máis de 3.000 e ata 15.000 € un 3%) implica perdela.

O que temos que ter claro e que estamos ante unha conta na que temos que cumprir unha serie de requisitos: domiciliación dunha nómina mínima de 600 €, de domiciliación de tres recibos (Ollo! Teñen que ser tres recibos ao trimestre e teñen que ser de empresas distintas, que teñan un CIF diferente), uso da tarxeta de débito e pagar unha comisión de tres euros mensuais; e que ditos requisitos non son sempre asumibles.

Polo lado positivo, a Cuenta 1 2 3 non ten compromiso de permanencia polo que se pode cancelar cando se queira sen ter que asumir penalizacións.

O Banco Santander busca atraer clientes co propósito de mantelos a medio e largo prazo. Unha estratexia que seguro que dará os seus froitos e que xa puxo a competencia en garda. O BBVA ven de anunciar a comercialización do depósito Azul 15+ con que é posible obter ata un 3%. Aquí tamén teremos que ler a letra pequena.

Deixa unha resposta