Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital (PSPD)

Logo_01

A Unión de Consumidores de Galicia considera que os grandes retos que afrontan as persoas consumidoras na era dixital están relacionados coa xestión e salvagarda da privacidade e a protección dos datos de carácter persoal. Por este motivo impulsou en colaboración coa Asociación de Internautas e a Asociación Pro Derechos Civiles Económicos y Sociales (ADECES) a Plataforma pola Seguridade e a Privacidade Dixital – PSPD, unha plataforma interasociativa de carácter aberto, centrada en tratar temas relacionados coa seguridade e a privacidade dixital.

UCGAL levaba varios anos colaborando activamente coa Asociación de Internautas (AI) e Asociación Prol Dereitos Civís, Económicos e Sociais (ADECES); froito desa colaboración xurdíu a PSPD.

Os avances que chegan da man da tecnoloxía non están nin estarán exentos de tensión respecto da privacidade, as liberdades e a seguridade da contorna dixital. De aí, que sendo importante o desenvolvemento destas novas ferramentas, tamén o sexa que se desenvolvan de forma respectuosa cun réxime de garantías públicas e coñecidas, pois é a única forma que ten o cidadán para esixir o cumprimento da lei e o respecto dos seus dereitos. Entre estas garantías cabe falar do principio de legalidade, o do fin lexítimo, idoneidade, etc.

Unha das primeiras accións da PSPD foi a denuncia a VODAFONE-ONO ante a Axencia de Protección de Datos (AGPD) por práctica de SPAM a través de SMS.