Programa de Defensa e Aforro para Comunidades de Propietarios

Sabías que a túa comunidade de propietarios tamén é consumidora e como tal ten os mesmos dereitos que a lexislación de consumo che confire a ti como individuo?

Pensando en edificios como no que ti vives, puxemos en marcha un programa de adhesión de comunidades de propietarios con cotas anuais do máis asequibles. Desde 100 euros ao ano UCGAL ofrécevos todo un conxunto de vantaxes tanto para a comunidade como para os comuneiros.

Vantaxes para a túa comunidade

Ao tempo de formalizar a adhesión
  • Realización dunha auditoria da subministración eléctrica da finca.
  • Análise da vixente póliza de seguro do edificio e da súa adecuación aos intereses da comunidade.
  • Análise dos contratos de instalación, mantemento e revisión do servizo de ascensor.
  • Análise de contratos doutros servizos con que conta a comunidade: gas, limpeza (agás contratos laborais), mantemento, xardinería, telecomunicación e outros.
De xeito indefinido, mentres subsista o convenio
  • Asesoramento que precise a comunidade en materias que deriven da súa condición de consumidora.
  • Asistencia técnica con carácter previo á sinatura de contratos.
  • Tramitación de reclamacións en vía extraxudicial e arbitral de consumo, en materias que deriven da súa condición de consumidora e cuxos feitos causantes  teñan orixe en data posterior á sinatura do convenio de adhesión.
  • Interposición de denuncias e queixas en nome da comunidade ante os organismos e entidades competentes, que se deriven da súa condición de consumidora.
  • Acceso á sección privada da web para o trámite de consultas e reclamacións.
  • Acceso en condicións beneficiosas ao servizo de defensa xurídica da UCGAL.

Vantaxes para todos os veciños

Tamén os veciños do edificio gañan adheríndose á UCGAL, xa que desde o momento da adhesión da comunidade, todos eles poderán:

  1. Obter unha auditoría da subministración eléctrica da súa vivenda ou local, coa que poderán aforrar moito diñeiro ao ano.
  2. Adquirir a condición de Socio en Liña da UCGAL, o que lles permitirá:
    • Realizar consultas, por vía telefónica, telemática e postal sobre materias que se deriven da súa condición de consumidor.
    • Recibir orientación sobre os seus dereitos como consumidor/a e a canle máis axeitada para o seu exercicio.
    • Participar no desenvolvemento de campañas informativas, divulgativas e educativas en materia de consumo.

E ademais, se calquera veciño ou veciña desexa adquirir a condición de socio/a de pleno dereito aplicarémoslle un desconto dun 25% nas cotas vixentes ao formalizar o seu ingreso.

Como ves todo son vantaxes, así que non o deixes para máis tarde. Enche o seguinte formulario e porémonos en contacto convosco .

 

cforms contact form by delicious:days