Súmate e reclama!!!

Nos últimos anos consumidores e consumidoras galegos padecimos de forma brutal os abusos derivados de estratexias perfectamente deseñadas para enganarnos e incluso estafarnos. Casos como o engano das preferentes, as estafas filatélicas deron paso hoxe en día a fraudes masivas como as do grupo Volkwagen ou a inclusión de clásulas chan en préstamos con xuro variable cando os bancos sabían que estes ían baixar nos seguintes anos.

Noutros casos, como o transporte aéreo, os problemas son xa crónicos e as autoridades parecen decididas a non actuar con contundencia e defenderte dos seus abusos. Pero non só as empresas vulneran os teus dereitos, os servizos públicos como a sanidade ou a educación perden calidade día a día, a fenda dixital afóndase coa activa participación de administracións e organismos que che obrigan a contratar con bancos e empresas de telecomunicacións para poder realizar a maioría das xestións.

Ano tras ano, o número de reclamacións medra e desde a Unión de Consumidores de Galicia traballamos na defensa efectiva dos consumidores e usuarios que se suman a nosa familia. 

Estas son as nosas liñas de traballo actuais. Infórmate! SÚMATE E RECLAMA!!!

CLÁUSULAS chan UntitledR
Untitled3 Untitled
ESESA