Cláusulas chan

Ate 200 euros máis ao mes pagaba o último consumidor que acudiu a nós cunha hipoteca que agochaba unha cláusula chan. Máis de 2.500 euros no último ano. Máis de 8.000 euros desde que asinara o préstamo. Nin banco nin notario foron quen de explicarlle con claridade que a súa hipoteca estaba deseñada para que o banco non só gañara diñeiro á súa costa senón que gañara máis cada ano que pasaba malia que os tipos de xuro, o euribor baixa mes a mes e ano a ano.

cLÁUSULAS chan

Máis de 35 de cada 100 hipotecas asinadas en España inclúen unha cláusula chan, e a porcentaxe foi máis alta nos anos da burbulla inmobiliaria. Catro de cada dez galegos e galegas que pagan unha hipoteca están regalando milleiros de euros aos bancos. Probablemente tí sexas un deles ou unha delas. Seguro que non tes nada mellor que facer con ese diñeiro? Ata cando vas seguir fiándote de quen ten enganou unha ou máis veces?

Coa connivencia dun sistema que prefire defender os intereses dos banqueiros aos teus, estase invitando aos usuarios a pasar por outro engano masivo, outra fraude de enormes dimensións. Mesmo a aqueles de vós que decidides reclamar ante o banco se vos intenta enganar novamente pedíndovos que asinedes documentos que só están deseñados para que de novo saias perdendo.

Tes dereito a que se elimine a cláusula chan do teu contrato. Tes dereito a recuperar o que che fixeron pagar indebidamente. VAS RECUPERALO OU DE NOVO VAS DEIXALO PASAR?

Por se o estabas a preguntar, o noso socio, recuperou case 13.000 euros logo da reclamación que fixemos no seu nome.

SÚMATE E RECLAMA!!!!

 

cforms contact form by delicious:days