Reclamacións Caso Volkswagen

Tes un Volkswagen, Seat, Skoda ou Audi? Seguro que nestes momentos xa sabes que es unha das persoas afectadas por unha fraude consistente na instalación ilegal dun software para alterar os resultados dos controis técnicos de emisións contaminantes en 11 millóns de automóbiles con motor diesel, vendidos entre 2009 e 2015.

Volkswagen

Malia ás desculpas públicas e ao anuncio de que os fabricantes poñerían os medios necesarios para solucionar o problema, o certo é que ate o momento a única actuación realizada foi a remisión de cartas aos propietarios dos vehículos afectados prometendo unha solución que non chega e, que ademais, non se explica en que vai consistir. Mentres, milleiros de afectados seguen conducindo un vehículo cuxas especificacións técnicas non se coresponden coas ofertadas. A pasividade e pasmosa falta de implicación das administracións públicas españolas nada contundentes á hora de esixir responsabilidades aos defradudadores, propicia un status quo que non pode continuar: XA BASTA, é hora de accionar e reclamar nos xulgados o que as nin empresas nin administracións parecen estar dispostas a darche, a reclamar uns dereitos que uns vulneran e outros non defenden.

Lembra que os enganados somos nós, que os estafados somos nós, que os desprotexidos somos nós. Vas quedar sen facer nada? Vas deixar que sigan a tomarche o pelo?

Non o penses máis, cubre este formulario e fai valer os teus dereitos. Di, XA BASTA!!!!

SÚMATE E RECLAMA!!!

 

cforms contact form by delicious:days