Reclamacións de créditos rápidos e microcréditos

As necesidades económicas que moitos sectores da sociedade están a vivir, as cantidades relativamente pequenas que se contratan e a facilidade para obter as cantidades solicitadas, fan que o número de contratacións deste tipo de produtos medrara exponencialmente nos últimos anos, pero só cando comezan as dificultades para atender os pagos comezamos a coñecer o alcance dos riscos que os caracterizan.

Tipos de xuro, de entre o 20% e o 30%, e que chegan ao 1000% nos casos máis graves, seguros ocultos que se inclúen nos contratos, comisións por xestións que non se realizan, etc… Son algúns dos exemplos de cláusulas abusivas que conteñen estes contratos. Se es un dos milleiros de persoas que conta cun préstamo ou crédito deste tipo, infórmate do noso proxecto para loitar contra os abusos que agochan.

Untitled3

Lembra que se trata de produtos deseñados para que non os poidas pagar, deseñados para quedarse co teu diñeiro, coa túa casa e co teu patrimonio. A última persoa que acudiu a nós cun problema cunha destas financeiras dispuxo de pouco máis de 6.000 euros e leva pagados máis de 30.000, e segundo a empresa, a débeda todavía non está saldada. Esta é a realidade destes produtos que cada día ocupan máis minutos no tempo de publicidade na televisión.

Se contrataches un préstamo ou crédito deste tipo e te atopas con dificultades para atender os pagos ou estás a comprobar como malia que pagas puntualmente, a túa débeda non diminúe como debera, cómpre que nolo fagas saber.

SÚMATE E RECLAMA!!!

 

cforms contact form by delicious:days