Reclamacións na sanidade

O Dereito á Saúde, que todos e todas temos recoñecido constitucionalmente, non só nos permite esixir coidados médicos e sociosanitarios, senón que nos garante que estes coidados sexan dignos, de calidade e respectuosos co que sentimos e somos como usuarios e usuarias. Entre outros moitos, temos dereito a un trato ético por parte do persoal da saúde, a uns tempos de espera concretos e cunhas listas de agarda transparentes, a solicitar unha segunda opinión médica, a escoller libremente o noso centro de referencia e a unha comunicación directa e honesta cos equipos médicos que nos atenden. Negar algún destes dereitos é infrinxir a Lei, e é motivo dabondo para presentar unha reclamación.

Untitled

Actuar na defensa do que nos corresponde é loitar por unha Sanidade de calidade, que sexa consciente dos seus erros, coa fin de poder melloralos. Atrévete a reclamar! Atrévete a colaborar cunha Sanidade cada día mellor!

SÚMATE E RECLAMA!!!

 

cforms contact form by delicious:days