Reclamacións no transporte aéreo

“Vaia comezo de vacacións!! Tirados no aeroporto…” Estás farto de que tódolos anos as túas vacacións comecen igual? Levas contando os días que faltan para o merecido descanso desde que mercaches o billete de avión, pero unha vez no aeroporto comeza o pesadelo: atrasos ou cancelacións nos voos, perda da equipaxe, overbooking… Problemas que lonxe de ir desaparecendo ocupan cada vez máis páxinas dos xornais e titulares nos informativos. A situación non mellora, a calidade dos servizos empeora día a día pero as administracións parecen non actuar coa contundencia debida. Segue compensando deixar tirado a milleiros de usuarios e usuarias, xa que multas non hai e de habelas son ridículas en relación cos danos causados. E ademais qué pasa cos teus dereitos, coa túa indemnización e cos prexuízos que sofriches, acaso os recuperas coa multa que con sorte se poida impoñer?

ESESA

Hai moitas incidencias que poden arruinar a túa viaxe, así que o mellor é estar preparado para o que poida pasar e saber actuar en consecuencia. O mal trago ninguén cho vai sacar, asumido iso, so podemos intentar minimizar os prexuízos e facer valer os teus dereitos.

  • Sabías que se o teu voo sofre un atraso superior ás tres horas tes dereito a unha compensación económica?
  • Nin folgas de persoal da compañía nin avarías dos aparatos poden alegarse como circunstancias extraordinarias para non indemnizarte.
  • Sabías que se che extravían a maleta e esta non aparece nun prazo de 21 días, considerase perdida?
  • Nos casos de atrasos ou cancelacións, as compañías están obrigadas a cubrir os custes de manutención, chamadas telefónicas, ou aloxamento, de ser necesario.
  • Presentaches a túa reclamación ante a compañía, no aeroporto ou na administración e aínda estás esperando pola túa indemnización?

Non te equivoques, estas situacións precisan doutras actuacións. Non dubides en contactar con nós e axudarémosche coa túa reclamación.

SÚMATE E RECLAMA!!!

 

cforms contact form by delicious:days