32 anos ao teu servizo.
A Unión de Consumidores de Galicia (UCGAL) é unha asociación privada que xurdíu a finais de 1988 co propósito de recoller e servir de canle das reivindicacións do conxunto dos/as consumidores/as e usuarios/as galegos/as na loita por unha progresiva mellora na calidade de vida dos/as cidadáns.
Dende a súa creación, a Unión de Consumidores de Galicia ten atendido milleiros de consultas e tramitado centos de reclamacións e/ou denuncias a instancias dos seus asociados/as; ten participado activamente no proceso de elaboración das disposicións normativas que nos afectan como consumidores e/ou usuarios, elaborado numerosas publicacións informativas, impartido centenares de obradoiros e conferencias e denunciado públicamente situacións de inxustiza ou prexudiciais para os nosos intereses como consumidores e usuarios.
Na procura destes obxectivos a Unión de Consumidores de Galicia desenvolve o seu labor en diferentes eidos que afectan ás persoas consumidoras, tales como sanidade, comercio, servizos públicos, educación, medio ambiente, etc.
Para fortalecer este traballo, a Unión UCGAL forma parte de diversos órganos consultivos de Galicia:
- Consello Galego de Consumidores e Usuarios
- Consello Económico e Social
- Consello Galego de Saúde
- Comisión de Prezos de Galicia
- Observatorio da Vivenda de Galicia
- Consello Galego de Economía e Competitividade
- Comité Asesor de Publicidade non Sexista
- Consello Galego de Transportes
- Consello Galego de Estatística
- Consello Galego de Turismo
- Xunta Arbitral de Consumo de Galicia
- Xunta Arbitral de Transportes de Galicia
Asemade colabora asiduamente con distintos medios de comunicación da nosa Comunidade Autónoma, prensa, radio e televisión.
Se quere obter unha información máis polo míudo sobre os servizos que, dende a Unión de Consumidores de Galicia, prestamos aos nosos asociados, consulte a “Carta de Servizos” premendo na seguinte ligazón:
Composición da Xunta Directiva da Unión de Consumidores de Galicia
PresidentE:
Óscar Porral Vicente
Secretario Xeral
Miguel López Crespo
Vogais
Francisco Díaz Rico
Ana Olveira Blanco
Mª Rocío Arnoso Moure
María Dolores Chapela Pérez