Para procurar o cumprimento destes obxectivos, a UCGAL conta como fórmulas de financiamento os propios recursos xerados pola cotas dos seus asociados e subvencións concedidas por distintas Administracións Públicas, así o Instituto Galego de Consumo, ou a Deputación de Pontevedra.
A día de hoxe estas fórmulas de financiamento non chegan a cubrir os gastos correntes da Organización, polo que desde hai anos, a UCGAL destina parte dos seus esforzos á prestación de servizos de formación e información en materia de consumo que contribúan a garantir o seu funcionamento.
En aras da transparencia que se debe predicar dunha Organización sen fin de lucro como a UCGAL, de seguido referimos as distintas axudas concedidas á UCGAL por parte de distintas Administracións Públicas durante o ano 2016:
- Convenio co Instituto Galego de Consumo para a atención de reclamacións en materia de electricidade, gas e servizos financeiros: 25.000,00 Euros.