A Unión de Consumidores de Galicia ao igual que calquera outra organización fundamenta a súa capacidade de actuación en base á súa masa social, o teu apoio e a túa contribución económica fan posible que poidamos continuar traballando na defensa dos teus dereitos como persoa consumidora e usuaria. Asociarse ten moitas vantaxes.
Ademais dos teus dereitos políticos, uníndote á UCGAL na MODALIDADE ORDINARIA gozarás das seguintes vantaxes:
- Atenderemos as túas consultas en materias de consumo.
- Asesorarémosche con carácter previo á sinatura de contratos de consumo.
- Tramitaremos as túas reclamacións como persoa consumidora en vía extraxudicial, mediante o procedemento da mediación.
- Interporemos no teu nome denuncias e queixas ante as administracións ou entidades competentes no teu conflito de consumo.
- Redactaremos as túas solicitudes de arbitraxe de consumo e de transportes.
- Participarás nos programas gratuítos de formación e educación do consumidor organizados por UCGAL e recibiras no teu correo electrónico os resultados dos estudos e informes que elaboramos.
Se decides sumarte a nós podes facelo coa cota individual, reducida (se tés entre 18 e 25 anos ou máis de 65) ou familiar se queres que a túa parella e fillos menores ou con discapacidade desfruten das mesmas vantaxes.
Se optas por asociarte na MODALIDADE PLENA, ademais das vantaxes dos socios ordinarios tanto ti como a túa parella e fillos menores ou con discapacidade poderedes:
- Acceder en condicións económicas favorables aos servizos de profesionais cos que UCGAL manteña acordos de colaboración (avogado/a, procurador/a, xestor/a administrativo/a, etc.). A túa fidelidade ten recompensa, canto máis tempo leves con nós, mellores as condicións.
- Participar sen custe nas actividades de formación e educación de pago.
Cando te unas a nós aboarás unha COTA DE ALTA de 75,00 €, e a partir do 1 de xaneiro do seguinte ano a cota correspondente á modalidade que elixas.
Lembra que os recibos pásanse ao cobro en febreiro, así que se decides deixar de formar parte da asociación, non esquezas comunicarnos a túa decisión antes do 15 de xaneiro; igual que a ti, non nos gusta pagar comisións aos bancos!!!!.
A mellora da seguridade desta web foi subvencionada pola Excma. Deputación Provincial de A Coruña