Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Convenio IGCC

UCGAL presta durante 2023 un servizo de consulta e resolución de reclamacións ós consumidores, subvencionado pola Xunta de Galicia. Dito servizo será totalmente gratuíto cando se trate de servizos relacionados con produtos e servizos financeiros, ou de subministro de enerxía eléctrica ou de gas.

A Xunta de Galicia, a través do IGCC e a UCGAL manteñen un convenio de colaboración para a atención e resolución de reclamacións no eido dos servizos financeiros, gas e electricidade. A medio deste convenio, a UCGAL está a prestar, de forma gratuíta a aqueles consumidores que formulen nas súas oficinas unha consulta ou presenten unha reclamación relacionada coas sinaladas materias, os seguintes servizos:

  • Ante unha consulta ou reclamación dun usuario, informarao dos seus dereitos e da documentación precisa ou conveniente para a tramitación dunha reclamación.
  • UCGAL realizará unha mediación ante a empresa reclamada.
  • Promoverá no seu caso a arbitraxe de consumo para acadar a resolución da reclamación.
  • Para o caso de que nin mediación nin arbitraxe prosperen, dará traslado ao organismo competente.


Ademais e se  como consecuencia das reclamacións presentadas ou das súas propias actuacións, UCGAL detectara incumprimentos graves ou xeralizados asume o compromiso de poñelo en coñecemento do Instituto Galego de Consumo e da Competencia.

Horario e contacto

O horario e lugar de atención de consultas e reclamacións obxecto deste convenio é:

Na sede de Santiago de Compostela, Rúa Boiro, 3 1ºA

  • Presencialmente os luns, mércores e venres de 10.00 a 15.00 horas.
  • Por teléfono no 981 566 411, os luns, mércores e venres de 10.00 a 15.00 horas.
  • A través do mail info@consumidores.gal

 

Na sede de Lugo, Rúa San Pedro, 7 2º

  • Presencialmente, os luns de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 19.30, os mércores de 9.30 a 13.30 e de 16.30 a 18.30 e os xoves de 10.00 a 12.00.
  • Por teléfono nos mesmos horarios nó 686 615 779.
  • A través do mail lugo@consumidores.gal

 

Por Whatsapp

  • No 981566411 de luns a venres de 10.00 a 15.00 horas

 

Para máis información pode acceder á web do Instituto Galego do Consumo e da Competencia

Convenio co IGCC. Cóntanos o teu caso.

No marco do convenio de colaboración co IGCC desde UCGAL poñemos ao seu dispor este formulario para que nos traslade o motivo da súa reclamación no eido dos servizos financeiros, gas ou electricidade.


Non esqueza sinalar:

  • A empresa coa que xurde a controversia.
  • Unha breve descrición do problema.
  • En que consiste o seu pedimento.
  • Inclúa un enderezo de correo electrónico para poder contactar con vostede.