Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

INFORMACIÓN LEGAL


Introdución

O presente aviso legal regula o acceso, navegación e uso dos sitios WEB “consumidores.gal”, e “www.consumidores.gal” propiedade da asociación Unión de Consumidores de Galicia, CIF G-15160609, inscrita no Rexistro Central de Asociacións de Galicia co Nº 6.092, e Rexistro de Organizacións de Consumidores de Galicia con Nº 5 con domicilio social en Santiago de Compostela, Rúa de Boiro, 3 1ºA  C.P. 15705, así como as responsabilidades derivadas dunha posible utilización ilícita dos seus contidos (entendéndose por estes, en adiante, os textos, gráficos, debuxos, deseños, códigos, software, fotografías, música, vídeos, sons, bases de datos, imaxes, expresións e informacións, así como calquera outra creación protexida polas leis nacionais e os tratados internacionais sobre propiedade intelectual e industrial) así como dos servizos ofrecidos no sitio web.

Finalidade so sitio WEB

A finalidade deste sitio web é ofrecer información sobre os proxectos e servizos que a asociación desenvolve ou ten desenvolvido e presta, sen que a través desta páxina se preste ningún outro servizo con fins comerciais, agás dos xa citados.

 

Propiedade Intelectual

Este sitio foi creado por

TRIWUS, S.C.G.
www.triwus.com
F70516265
Rúa Principal, 50 bx
A Coruña

e en favor da asociación Unión de Consumidores de Galicia, sendo propiedade intelectual da dita asociación tanto o contido como o deseño da Web.

En ningún caso se entenderá, que o feito de permitir aos usuarios o acceso ao sitio web, implica unha renuncia, transmisión, licenza ou cesión total nin parcial dos ditos dereitos por parte do TITULAR.

Queda expresamente prohibido, suprimir, eludir ou manipular o aviso de dereitos de autor ou calquera outro dato de identificación dos dereitos do TITULAR incorporados aos contidos, así como os dispositivos técnicos de protección ou calquera mecanismo de información e/ou de identificación que se incorporen aos contidos.

Así mesmo queda prohibido modificar, copiar, reutilizar, explotar, reproducir, comunicar publicamente, descompilar, desensamblar, utilizar técnicas de enxeñería inversa ou calquera outro medio para obter o código fonte, facer segundas ou posteriores publicacións, cargar arquivos, enviar por correo, transmitir, usar, tratar ou distribuír de calquera xeito a totalidade ou parte dos contidos incluídos no presente sitio web para propósitos públicos ou comerciais, agás autorización expresa do TITULAR dos dereitos.

 

Titularidade e uso do Dominio

Os nomes “consumidores.gal” e “www.consumidores.gal” , Os Benfeito, #Comsumo, son dominios rexistrados polo TITULAR. Os ditos dominios non poderán ser utilizados, agás autorización expresa do TITULAR en conexión con outros contidos, produtos ou servizos, de forma que se puidera ocasionar, dalgún modo, o descrédito ou prexuízo da imaxe ou honra do TITULAR.

 

Utilización do Sitio Web e dos seus servizos

Entenderase que o acceso ou a mera utilización do Sitio Web por parte do usuario implica a adhesión plena e sen reservas ás Condicións Xerais publicadas, no momento de acceso ao Sitio Web.

Calquera usuario ou usuaria que desexe traladar unha petición, suxestións ou queixa poderá remitilo ao enderezo domicilio da organización (Rúa Boiro, 3 1ºA  15705 Santiago de Compostela).


Responsabilidade e garantías

O TITULAR resérvase o dereito a modificar e/ou suprimir os contidos do Sitio Web sen previo aviso. Non garante nin se fai responsábel da existencia de virus e/ou demais compoñentes nocivos no Sitio Web ou no servidor que os subministra, tanto na visualización dos contidos polos Usuarios como na descarga dos mesmos ou a invulnerabilidade do sitio web.

O TITULAR non se fai responsábel do mal funcionamento da páxina ou dos contidos das páxinas enlazadas que contén o sitio.

O TITULAR no se fai responsábel do mal uso que puidera chegar a facerse con ocasión do acceso á información publicada na web.

 

Duración e Modificación

Os termos e condicións do presente aviso, poderán ser modificados de xeito unilateral polo TITULAR, total ou parcialmente. As ditas modificacións serán postas en coñecemento dos usuarios na mesma forma en que as presentes Condicións Xerais aparecen no sitio ou a través de calquera tipo de comunicación dirixida a estes.

A vixencia temporal destas Condicións Xerais coincide, polo tanto, co tempo da súa exposición, ata o momento en que sexan modificadas total ou parcialmente.

Con independencia do disposto nas posibles condicións particulares, o TITULAR poderá dar por terminado, suspender ou interromper unilateralmente o acceso aos contidos do Sitio Web. Logo da dita extinción, seguirán vixentes as prohibicións de uso dos contidos expostos anteriormente nas presentes Condicións Xerais.

 

Xurisdición e Lei Aplicábel

A interpretación das presentes Condicións Xerais así como calquera conflito xurdido en relación cos contidos ou dereitos sobre o Sitio Web queda sometida á lexislación e Tribunais Españois.

O presente aviso legal réxese en todos e cada un dos seus extremos pola Lexislación Española.

 

Xeneralidades

Os encabezamentos dos distintos apartados teñen mero carácter informativo e, non afectarán, cualificarán ou ampliarán a interpretación das Condicións Xerais.

En caso de existir discrepancia entre o establecido nestas Condicións Xerais e as Condicións Particulares establecidas para un servizo específico, prevalecerán estas últimas.

A nulidade ou inaplicabilidade de calquera das disposicións das presentes Condicións Xerais, na súa totalidade ou en parte, declarada por calquera Xulgado, Tribunal ou órgano administrativo, non afectará ao resto destas Condicións Xerais nin ás Condicións Particulares dos diferentes servizos do sitio Web.

A falta de exercicio polo TITULAR de calquera dereito ou disposición contida nas Condicións Xerais non constituirá unha renuncia aos mesmos, agás que así se faga constar expresamente por escrito. 

POLÍTICA DE PRIVACIDADE

Se vostede chegou ate aquí seguramente estea interesada/o na actividade de UCGAL, ben porque desexa darse de alta como asociada/o ou contactar connosco por algún motivo. Agradecemos o seu interese e por iso queremos informarlle da nosa política de privacidade e explicarlle que facemos cos datos persoais que nos facilita, así como aqueles que se recaban a través da nosa páxina web.


Quen somos?

  • Responsable: Unión de Consumidores de Galicia (en adiante, UCGAL)
  • Domicilio: Rúa Boiro, 3 1ºA  15705 Santiago de Compostela
  • CIF: G15160609
  • E-Mail: info@consumidores.gal


Información e Consentimento

De conformidade co disposto no Regulamento UE 679/2016 de Protección de Datos (en adiante, RGPD), mediante a aceptación da presente Política de Privacidade a persoa interesada PRESTA O SEU CONSENTIMENTO informado, expreso, libre e inequívoco para tratar os datos persoais recollidos a través dos seguintes medios:

  • Web https://www.consumidores.gal, (en adiante, a Web), xa sexa a través de formularios de alta ou consulta ou enviando un correo ao enderezo de contacto.
  • Un formulario de alta nun formato distinto á da Web.
  • As redes sociais
  • Eventos, promocións, estudos e enquisas organizados por UCGAL
  • Así mesmo a persoa interesada consinte que estes datos sexan tratados por UCGAL para prestar os seus servizos aplicando as medidas organizativas e de seguridade requiridas polo RGPD.


Algún dos datos persoais solicitados á persoa interesada na web e nos formularios de alta son obrigatorios, non sendo posible a alta en UCGAL de non se facilitaren os ditos datos. Sen embargo, a navegación na web é libre e gratuíta.

Igualmente, cando os datos persoais sexan recabados a través doutros formularios que se poidan habilitar na web con motivo do desenvolvemento da súa actividade, será preciso que a persoa interesada aporte a lo menos, aqueles marcados cun asterisco, xa que logo, de non se subministrar, non poderemos prestar o servizo á persoa interesada a través da web.

A persoa interesada garante que os datos facilitados a UCGAL son certos e exactos, co que UCGAL non se fará responsable de calquera incidencia derivada da inexactitude ou falsidade da información proporcionada polas persoas interesadas. UCGAL, como único responsable do tratamento, será responsable de cumprir coa normativa de protección de datos aplicable. Ademais, a persoa interesada acepta obter todos os consentimentos, autorizacións e/ou aprobacións legalmente necesarias antes de incluír datos persoais na web, formularios ou redes sociais pertinentes.

UCGAL non pode garantir a absoluta invulnerabilidade dos sistemas, polo tanto, non asume ningunha responsabilidade polos danos e prexuízos derivados de alteracións que terceiros poidan causar nos sistemas informáticos, documentos electrónicos ou ficheiros.

 

Finalidade do tratamento

Os datos persoais da persoa interesada ou de terceiros que sexan cedidos pola persoa interesada serán tratados por UCGAL unicamente para as seguintes finalidades:

  • Xestionar e tramitar as altas de persoas interesadas.
  • Levar a cabo as funcionalidades da Web ou redes sociais respectivas.
  • Remitir periodicamente newsletters, ou noticias relacionadas coa nosa web, sempre que a persoa interesada dera o seu consentimento expreso a tal efecto.
  • Xestionar os trámites precisos para o cumprimento da relación existente entre UCGAL e os/as asociados/as e colaboradores/as.
  • Realizar enquisas de satisfacción relacionadas cos servizos aos que ten acceso na súa condición de asociados/as, así como enquisas desenvolvidas por UCGAL no marco da súa actividade ordinaria.
  • Atender as solicitudes de información no caso de datos recollidos a través do correo electrónico de contacto.
  • Dar cumprimento ás obrigas legalmente establecidas.


En ningún caso realizaremos algunha das seguintes actividades:

  • Ceder os datos a outras persoas ou entidades, sen o consentimento previo das persoas interesadas.
  • Transferilos a outros Estados, sen o consentimento previo das persoas interesadas.
  • Non obstante, UCGAL poderá permitir o acceso aos datos persoais da persoa interesada cando elo sexa preciso para a prestación dos seus servizos, subscribindo en tales casos un acordo de encargado de tratamento cos ditos fornecedores. Os ditos acordos en todo caso indicarán que o encargado actuará por conta de UCGAL, conforme ás finalidades desta e aplicando medidas de seguridade, así como medidas técnicas e organizativas adecuadas que, en ningún caso, ofrecerán menos protección cas aplicadas por UCGAL.

 

Comunicacións

No caso de que tratemos os datos persoais proporcionados por parte da persoa interesada para remitir comunicacións electrónicas con información relativa a noticias relevantes para a persoa interesadas, estas serán dirixidas única e exclusivamente a aqueles usuarios que o autorizaran previamente e de forma expresa a recepción das mesmas, xa sexa no momento do seu rexistro na web ou noutro soporte, xa sexa con posterioridade.

De conformidade co establecido na Lei 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico, no caso de que a persoa interesada non desexe recibir comunicacións por parte de UCGAL, pode manifestar a súa negativa, identificándose debidamente, enviando un email ao seguinte enderezo de correo electrónico: info@consumidores.gal

 

Exercicio de Dereitos

Informámoslle que de acordo coa lexislación vixente a persoa interesada pode exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación, oposición, supresión, limitacion do tratamento dos seus datos persoais, acreditando a súa identidade (xuntando copia do documento de identidade), dirixindo un escrito a Unión de Consumidores de Galicia, Rúa Boiro, 3 1ºA 15705 Santiago de Compostela.

Se considera que algún dos dereitos anteriormente mencionados non foi respectdo, vostede terá dereito a presentar unha reclamación ante a Axencia de Protección de Datos.

 

Aceptación da Política de Privacidade

A Persoa interesada RECOÑECE E ACEPTA TER LIDO E COMPRENDIDOA presente Política de Privacidade cuxo contido constitúe a totalidade do acordo entre a persoa interesada e UCGAL con respecto ao uso e tratamento da súa información persoal. A persoa interesada expresamente acepta obrigarse nos termos da presente Política de Privacidade, en toda a súa extensión e alcance, sen exceptuar calquera das súas disposicións.

UCGAL resérvase o dereito de actualizar e realizar cambios na Política de Privacidade. As modificacións deberán facerse efectivas ao tempo da súa publicación na web, onde estarán ao dispor das persoas interesadas en todo momento. Neste sentido, recoméndase á persoa interesada consultar regularmente o contido da Política de Privacidade para estar ao tanto de calquera modificación que afecte ao tratamento de datos dentro da web.

POLÍTICA DE COOKIES

Este sitio web utiliza “cookies” (pequenos arquivos de información que o servidor do sitio web envía ao ordenador de quen accede á páxina) na medida imprescindible para o correcto funcionamento e visualización do sitio web por parte das persoas usuarias ou para fins estatísticos.


Que son as cookies?

Esta web, como moitas outras, usa cookies.  Unha cookie é un arquivo simple de texto que se almacena no teu ordenador ou dispositivo móbil polo servidor web. Contén información anónima que permite a unha web lembrar cousas, como por exemplo as túas preferencias. As cookies poden axudarte a conseguir unha mellor experiencia de navegación e axudan a mellorar a web.

Segundo o disposto no artigo 22.2 da Ley 34/2002, de 11 de xullo, de Servizos da Sociedade da Información e do Comercio Electrónico (LSSI-CE), UCGAL informa das cookies utilizadas na súa web:

  • Cookies de sesión. Son cookies temporais que só existen ate que pechas o navegador que usas para acceder á web. Cookie PHPSESSID. É unha cookie de sesión.Esta cookie usáse pola linguaxe de encriptado PHP para permitir que as variables de SESIÓN sexan gardadas no servidor web. Esta cookie é esencial para o funcionamento da web.

  • Cookies duradeiras. Estas son cookies que permanecen no teu arquivo de cookies logo de que visitaras a web. Estas cookies axudan a identificarte cando voltas á nosa web. Cookies _utma, _utmb, _ubmc, _utmt, _utmv, _utmz. Estas cookies son establecidas por Google Analytics para rastrexar o uso da web pero non se establecen se desconectas cookies para esta web.

 

Para que usamos as cookies?

Ningunha das cookies usadas na nosa web recolle información persoal identificable sobre a túa persoa.

Utilizamos cookies para os seguintes propósitos.

  • Monitorear o tráfico da web. Usamos Google Analytics, un servizo de análise web proporcionado por Google. Google Analytics utiliza cookies para axudarnos a analizar como as persoas visitantes usan a nosa web. Para saber máis sobre como se utilizan esas cookies visita o sitio Google Privacy.
  • Para permitir certas funcións e axudarte a navegar eficientemente.
  • Xestión da sesión.

O acceso ou a mera utilización do Sitio Web por parte da persoa usuaria supón a aceptación do uso de cookies.

 

Cookies establecidas por terceiras partes

O contido desta web actualízase regularmente e poderiamos integrar contido doutras webs como:


Cando visitas unha páxina con contido integrado desde algún destes servizos podes expoñerte a cookies destas webs. Para máis información sobre estas cookies debes ver as webs desas terceiras partes.