Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

ConsumES e UCGAL continúan o Ciclo de Foros, un espazo para a reflexión xurídica e política.

EN DISTINTAS SESIÓNS, ANALIZAMOS A SITUACIÓN DE INDEFENSIÓN NA QUE SE ATOPAN MILLEIROS DE CONSUMIDORES POR MOR DOS POSICIONAMENTOS DOS NOSOS TRIBUNAIS.

Tras abordar o cártel dos coches e os abusos nos seguros, nesta terceira edición abordáronse os cada vez máis frecuentes casos de ciberdelincuencia que afectan a moitas persoas consumidoras..


O terceiro dos foros tivo lugar en Santiago de Compostela o día 25 de abril de 2024 no salón de plenos deo Consello Económico e Social de Galicia. Se non puideches asisitir podes ver a gravación do foro na canle de Youtube de ConsumES.

A casuística existente é ampla e mutable deixando ás persoas consumidoras indefensas ante delitos que a lexislación non prevé e abandonadas polas empresas e entidades que se escudan en contratos que non dan auténtica cobertura ás necesidades de seguridade dos consumidores. 

Nunha primeira mesa, letrados das distintas organizacións que compoñen ConsumES abordaron as problemáticas máis frecuentes ás que se enfrontan moitas persoas consumidoras como consecuencia de prácticas delictivas e outros calotes habituais no actual mundo dixital. Os representantes destas entidades reclamaron neste foro responsabilidade ás entidades ante as necesidades de seguridade que precisan as persoas consumidoras por mor das diferentes estafas no ámbito dixital.

A letrada Isabel Gorostiaga, da Unión de Consumidores de Euskadi, esixiu ás entidades bancarias un plus de seguridade ante “unha ciberdelincuencia que avanza máis rápida que a xurisprudencia”. Neste contexto é practicamente imposible para unha persoa consumidora detectar un calote. Por iso é fundamental “avanzar para que a responsabilidade recaia sobre quen non facilita os medios necesarios para evitar o calote”, segundo explicou Dulce Sanz Rojo, letrada da Unión de Consumidores de Castela e León.  Pola súa banda, Francisco Rodríguez, letrado da Unión de Consumidores de la Comunitat Valenciana, incidiu no futuro que nos espera “un mañana complicado con aplicacións e tecnoloxías capaces de duplicar o aspecto e voz dunha persoa”, ante ese feito “a normativa debe estar preparada para dar resposta e seguridade ás persoas consumidoras”.

Posteriormente, baixo a moderación da presidenta de UCGAL, Rocío Arnoso, representantes do eido xudicial, da fiscalía, técnicos en ciberseguridade e responsables xurídicos de entidades financeiras analizaron as responsabilidades de todas as persoas implicadas neste tipo de enganos.

Miguel López Crespo, secretario da UCGAL, quixo recordar que ningunha persoa por experta que sexa está exenta de ser vítima dunha estafa dixital. De aí a importancia da formación e a información neste ámbito pero tamén o dar ás persoas consumidoras marcos seguros e non responsabilizalas cando son vítimas de ciberdelitos.