Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

II FORO DE TURISMO TRANSFRONTEIRIZO

ANALIZAREMOS O IMPACTO DAS VIVENDAS DE USO TURÍSTICO EN ESPAÑA E PORTUGAL E A ATENCIÓN AO CLIENTE E A ARBITRAXE NA RESOLUCIÓN DE LITIXIOS

O xoves, 15 de xuño, celebrarase no concello lugués de Sober, na Ribeira Sacara, o II Foro de Turismo Transfronteirizo organizado pola UCGAL e DECO coa axuda da Axencia de Turismo de Galicia. 

Este Foro que dá continuidade ao desenvolvido en Braga no ano 2019, terá lugar nas instalacións das Adegas Algueira en Sober (localización) e contará cun PROGRAMA do máis completo e coa intevención de profesionais de recoñecido prestixio de Galicia e Portugal.

Dáte présa e INSCRÍBETE xa e de balde nun evento que inclúe xantar, cruceiro polos Cañóns do Sil e cata de viños. Ademais entre as persoas que se inscriban sortearemos dúas estancias dobres con almorzo a noite previa ao evento no fantástico Hotel Aurea Palacio de Sober.