Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Xornada desperdicio alimentario

XORNADA DESPERDICIO ALIMENTARIO

PRODUCTORES, INDUSTRIA, DISTRIBUCIÓN, CANLE HORECA E CONSUMIDORES ANALIZARÁN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA AS CIFRAS DO DESPERDICIO ALIMENTARIO.

O envento terá lugar o día 18 de xuño no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela.

A xornada, que será inaugurada polo Director Xeral de Comercio e Consumo da Xunta de Galicia abordará a problemática do desperdicio alimentario en todas as fases da cadea da alimentación, desde o campo ou o mar ate os fogares, comedores ou establecementos de restauración. O Delegado do Goberno en Galicia será o encargado de clausurar o evento.

Podes coñecer o PROGRAMA da xornada no que participan entidades e empresas como o Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Xunta de Galicia, FIAB, Clusaga, Cooperativas Agroalimentarias, Instituto de Investigaciones Marinas - CSIC, Universidade de Vigo, Fundación Espigoladors, Enraíza Derechos, Asedas, Froiz, Gadis, Mercadona, ConsumES, Confapa, bancos de alimentos, e Hostalaría de Galicia.

A actividade conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, da Axencia de Turismo de Galicia e de ASUGA, asociación galega de supermercados.

Non deixes pasar este evento, lembra que a inscrición é gratuíta

INSCRICIÓNS