Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Xornada envases

XORNADA: A SUSTENTABILIDADE DO ENVASE ALIMENTARIO

ADMINISTRACIÓN, FABRICANTES, DISTRIBUCIÓN, ENTIDADES DE XESTIÓN DE RESIDUOS E CONSUMIDORES ANALIZARÁN EN SANTIAGO DE COMPOSTELA AS NOVIDADES DO SECTOR.

O envento terá lugar o día 15 de outubro no Edificio CINC da Cidade da Cultura en Santiago de Compostela.

A xornada, que será inaugurada pola Conselleira de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia abordará o marco normativo español e comunitario, en materia de envases e xestión de residuos de envases, así como aspectos relacionados co seu deseño, innovación e seguridade. Ademais abordaremos temas tan de actualidade como o greenwashing, a reutilización e a reciclaxe.

Podes coñecer o PROGRAMA da xornada no que participan entidades e empresas como o MITECO, Xunta de Galicia, Consumes, PACKNET, Basque Food Cluster, ANAIP, AIMPLASS, Plásticos Arias, Aporta Comunicación, Universidade de A Coruña, FEGAMP, Ecovidrio, Ecoembes, Mercadona, Vegalsa - Eroski, CAPSA, AGAMIN e UCGAL.

A actividade conta co patrocinio da Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, e a colaboración de Ecoembes, Ecovidrio, Mercadona e Vegalsa-Eroski.

Non deixes pasar este evento, lembra que a inscrición é gratuíta

INSCRICIÓNS