O envento tivo lugar o día 9 de outubro no Pazo de San Roque en Santiago.
A xornada, que foi inaugurada polo presidente do Consello Económico e Social de Galicia e do noso secretario xeral e presidente de ConsumES, Miguel López, abordou da mans de expertos de amplo e recoñecido prestixio a problemática das adiccións entre a mocidade galega.
Desde unha perspectiva holística, o investigador en dereito e experto en dereito sanitario, Miguel Vieito Villar foi o encargado da ponencia de apertura abordando esta realidade desde distintas perspectivas.
Na primeira das mesas, representantes da administración educativa, das ANPAS e profesionais expertos en adiccións analizaron desde candanseu eido a situación actual das adiccións. Xosé Antonio López Silva, recoñecido colaborador de distintos medios de comunicación foi o encargado de moderar a mesa.
Na segunda mesa, abordamos posibles solucións e medidas que deberan implementarse para frear a evolución desta problemática da man de recoñecidos expertos do eido académico a da sociedade civil. Antonio Rial Boubeta, referente galego na análise destas conductas, foi o encargado de moderar esta segunda mesa.
A clausura da xornada correu a cargo do Director Xeral de Familia, Jacobo Rey Sastre.