Foro - Coloquio Comedores escolares

UCGAL IMPULSA UN FORO PARA ABORDAR A TURISMOFOBIA E OS BULOS QUE IMPACTAN NUN SECTOR CLAVE PARA GALICIA.

Unha ampla representación de expertos, institucións e profesionais, analizarán o papel clave do turismo en Galicia e o que se agocha tras os movementos que rexeitan esta actividade.

O vindeiro 15 de outubro ás 9:45 horas, a Unión de Consumidores de Galicia, en colaboración coa Confederación ConsumES, organiza a Xornada “A sustentabilidade do turismo en Galicia: o risco da turismofobia", que se desenvolverá no Hotel Aurea Palacio de Sober (Sober - Lugo), e que conta coa colaboración da Axencia de Turismo de Galicia.

Nos últimos anos, Galicia experimentou un notable incremento no número de visitantes, un dato moi positivo que sen embargo plantexa importantes desafíos en termos de sustentabilidade social, ambiental e cultural. Neste contexto, comenzan a escoitarse voces, moitas con escaso valor técnico e científico, que apostan pola difusión de bulos e mensaxes exageradas dirixidas a danar un dos principais motores da nosa economía. 

O obxectivo desta xornada é crear un espazo de diálogo e reflexión entre expertos, administracións públicas, sector turístico, asociacións locais e cidadanía para analizar as cifras da actividade turística e os desafíos que temos que abordar para acadar un sector sustentable que garanta a convivencia e a calidade de vida dos residentes, a conservación do patrimonio coa creación de riqueza e emprego. Ao mesmo tempo, reflexionaremos sobre as ferramentas máis axeitadas para loitar contra mensaxes non rigorosos, bulos e fakes que adoitan empregar aqueles que acostuman a apropiarse do interese xeral para defender os seus particulares. 

Se desexas asistir á xornada, podes inscribirte AQUÍ

 

Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar