Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Asóciate a UCGAL

A Unión de Consumidores de Galicia ao igual que calquera outra organización fundamenta a súa capacidade de actuación en base á súa masa social, o teu apoio e a túa contribución económica fan posible que poidamos continuar traballando na defensa dos teus dereitos como persoa consumidora e usuaria. Asociarse ten moitas vantaxes, para coñecelas clica na modalidade correspondente.


Cando te unas a nós aboarás unha COTA DE ALTA de 75,00 €que inclúe cobertura ate fins do ano en que formalizas o teu ingreso. A partires do 1 de xaneiro do seguinte ano, aboarás a cota correspondente á modalidade que elixas ao darte de alta.

Lembra que os recibos pásanse ao cobro en febreiro, así que se decides deixar de formar parte da asociación, non esquezas comunicarnos a túa decisión antes do 15 de xaneiro; igual que a ti, non nos gusta pagar comisións aos bancos!!!!.