Por terceiro ano UCGAL organizou o seu evento "O Teu Desexo para 2023" coa colaboración de Carrefour e a Consellería de Política Social da Xunta de Galicia. Unha iniciativa dirixida a dinamizar a actividade que se desenvolve en centros de protección de menores e en escolas infantís que xurdiu no contexto inmediatamente posterior á pandemia da Covid19.
O certame conta con dúas categorías (escolas infantís de primeiro ciclo de Galicia e nenas e nenos que se atopen en situación de acollida en centros de protección de menores e/ou que reciban atención en centros de día de atención á infancia de Galicia).
Os premios en cada unha das dúas consisten nunha tarxeta regalo por valor de 500 € trocable exclusivamente por xoguetes e/ou material escolar en calquera establecemento Carrefour de Galicia.
A edición deste ano contou coa participación de 51 traballos de nenas e nenos de centros de protección de menores e 48 proxectos de aula de escolas infantís.
Os gañadores desta terceira eidición foron:
- Na categoría de centros de protección de menores, o traballo dun usuario da Casa de Familia Dignidad Ciudad Jardín Ferrol.
- Na categoría de escolas infantís, o traballo da Aula 5 da Escola Infantil San Paio.