Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Deixa que reclamemos por tí. Asóciate e non pagues nada ate o final.

O Teu Desexo para 2024: Reducir o desperdicio de alimentos.

Por cuarto ano, UCGAL, CARREFOUR e a Xunta de Galicia a través da Dirección Xeral de Familia poñen en marcha un certame que nesta edición centra a súa temática nun problema cuxas cifras seguen a ser preocupantes.

Nesta edición, as entidades organizadoras consideraron atender a unha problemática que pode reducir o seu impacto se se aborda con pequeños xestos, tamén desde a escola e as institucións.

O evento conta con dúas categorías:

Categoría 1: Nenos e nenas alumnos/as de escolas infantís de primeiro ciclo, de Galicia. O obxecto do sorteo consiste na realización dunha composición a nivel de aula na que os nenos e nenas traten, co apoio do/a responsable da aula, de plasmar o desexo para o ano 2024, de reducir o desperdicio de alimentos. De acordo con isto, cada escola infantil poderá presentar tantas composicións como aulas dispoña a dita escola. 

Categoría 2: Nenos e nenas ate 12 anos que se atopen en situación de acollida en centros de protección de menores e/ou que reciban atención en centros de día de atención á infancia, de Galicia. O obxecto do sorteo consiste na realización dun debuxo no que os nenos e nenas traten de plasmar o desexo para o ano 2024, de reducir o desperdicio de alimentos. 

O premio en ambas categorías consiste nunha TARXETA REGALO por valor de 500 € trocable exclusivamente por xoguetes e/ou material escolar en calquera establecemento Carrefour de Galicia.

O prazo para participar no evento comeza o día 6 de novembro e remata o día 13 de decembro. Os premios entregaranse como cada ano nun acto público que se desenvolverá nunha das tendas coas que Carrefour conta en Galicia.

Para máis información podes consultar aquí as Bases do Certame