Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Imagen de veerasak Piyawatanakul

CONSUMES e UCGAL denuncian a RENFE, OUIGO e IRYO por incumprimento da normativa comunitaria sobre o cómputo de chegada dos trens ás estacións e as conseguintes denegacións do dereito a recibir compensacións por atrasos.

O Regulamento 2021/782 do Parlamento Europeo e do Consello, do 29 de abril, sobre os dereitos e obrigas dos viaxeiros de ferrocarril resultou de directa aplicación o pasado 7 de xuño de 2023.

 

A Confederación ConsumES, da que UCGAL forma parte, ven de denunciar ante a Dirección General de Consumo do Ministerio de Asuntos Sociais, así como a comunicar ao Ministro de Transportes e a todas as Comunidades Autónomas os graves incumprimentos que as operadoras de ferrocarril RENFE, OUIGO e IRYO así como o propio ADIF están a reiterar de resultas do incumprimento da normativa comunitaria sobre dereitos deos viaxeiros de ferrocarril.

O Regulamento Europeo 2021/782 establece no seu artigo 3, parágrafos 17 e 18 as definicións de atraso e hora de chegada, sinalando textualmente que se entenderá por “atraso”, o “tempo transcorrido entre a hora programada de chegada do viaxeiro segundo o horario publicado e a hora real ou prevista de chegada á estación de destino final;” e como “hora de chegada” o “momento no que se abren as portas do tren no andén de destino e permítese desembarcar".

Malia o carácter imperativo e de aplicación directa desta norma, a realidade pon de manifiesto que tanto os propios operadores de servizos de transporte de viaxeiros por ferrocarril, como o administrador de infraestruturas ferroviarias (ADIF), ao igual que distintas administracións competentes para resolver as reclamacións presentadas polos usuarios en situacións de atrasos na chegada, non están a respectar esta normativa

Actualmenteo sistema de cómputo da hora de chegada que están a seguir as empresas denunciadas, contempla como tal hora, aquela na que o tren fai paso por unha baliza de sinalizacion e non atendendo á hora efectiva de apertura de portas co convoy na estación de destino. Esta circunstancia está a provocar que, por parte de compañías como as denunciadas se esté a denegar o dereito a recibir indemnizacións por incumprimento dos compromisos de puntualidade ou as legalmente previstas para os casos de atraso. Resulta evidente que desde o paso por baliza ate o momento no que finalmente os viaxeiros poden apearse do tren, transcorre un tempo, en ocasións moi considerable, que os operadores non teñen en consideración. 

Pola súa banda o ADIF, nos procesos de reclamación que se siguen ante as xuntas arbitrais de transporte informa a estes tribunais sobre as horas de chegada dos trens atendendo ao seu paso por baliza e non á hora efectiva de apertura das portas, como establece o regulamento europeo, o que está a obrigar aos usuarios a facer valer outro tipo de probas como imaxes, fotografías ou testemuñas para poder acredita a verdadeira hora de chegada.

CONSUMES e UCGAL consideran que esta situación como escandalosa xa que supón un novo episodio de permisividade das autoridades nacionais respecto de prácticas abusivas das grandes empresas en prexuízo dos intereses dos usuarios ademais do xa en por si preocupante incumprimento das normativa europea. CONSUMES prepara agora a comunicación desta situación ás autoridades comunitarias.