Ecovidrio é unha entidade sen ánimo de lucro encargada de xestionar a reciclaxe dos residuos de envases de vidro en España. A súa misión é cumprir, de xeito eficaz, eficiente e en estreita colaboración coas administracións públicas e a sociedade civil as obrigas de xestión de residuos de envases de vidro que establece a Lei ás empresas adheridas, para contribuír aos principios da economía circular.
As actividades de colaboración que se prevén no convenio asinado poderán consisitr no desenvolvemento de campañas de información e sensibilización, a colaboración en actividades de coñecemento e difusión (congresos, foros, cursos, seminarios e xornadas), a realización de estudos, o asesoramento mutuo e intercambios de información, a realización e difusión de campañas informativas, así como do material que se edite, en virtude deste convenio.
En Galicia, a recollida de envases de vidro alcanza as 47.000 toneladas, que equivalen a 17,4 kg por galego.