Un pouco da historia da defensa das persoas consumidoras en España e Europa.
En España, a mención a consumidores e usuarios está recollida no artigo 51 da nosa Constitución, no que se establece que son os poderes públicos os encargados de garantir a defensa dos consumidores e usuarios, protexendo, mediante procedementos eficaces, a seguridade, a saúde e os lexítimos intereses económicos dos mesmos. Así mesmo, determina que promoverán a súa información e educación, fomentarán e escoitarán ás organizacións de consumo naquelas cuestións que poidan afectarlles.
O Real Decreto lexislativo 1/2007, é actualmente, a norma que protexe os dereitos dos consumidores a nivel estatal. A nivel autonómico, Galicia ten as súas competencias delegadas en materia de consumidores e usuarios, polo que todos os dereitos e obrigacións están incluídos na Lei 2/2012, /1998, do 28 de marzo.
O consumidor na Unión Europea
A nivel europeo, é en 1986, cando os dereitos dos consumidores atopan un lugar entre as políticas comunitarias, na Acta Única Europea, onde se establece que se deben propoñer medidas para protexer aos consumidores, “cun nivel de protección elevado”. Desde entón, a política de consumidores foi crecendo en dereitos, e na actualidade céntrase en catro obxectivos fundamentais: protexer a saúde e a seguridade a través de produtos seguros, garantir que a información que se recibe é clara, exacta e coherente, ofrecer vías rápidas, eficaces e gratuítas, de solución de litixios cos comerciantes e adaptar os dereitos dos consumidores aos cambios económicos e sociais protexendo aos consumidores máis vulnerables, como os nenos.
Este ano celébrase o 30 aniversario da creación do mercado único europeo, que se creou co obxectivo de permitir a libre circulación de bens, servizos e persoas entre os países membros da Unión Europea. Desde a súa creación en 1993, o mercado único ha evolucionado considerablemente, polo que á vez tivéronse que desenvolver normas que protexan os dereitos dos consumidores. Normativa sobre seguridade xeral de produtos, regulación de servizos como o transporte aéreo ou as viaxes combinadas, o comercio electrónico e máis actualmente regulación sobre a etiquetaxe enerxética ou as enerxías renovables, fan de Europa un marco legal en continuo desenvolvemento para a protección dos dereitos das persoas consumidoras.