Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Foro comedores escolares
Participantes no Foro

UCGAL organiza un Foro - coloquio sobre comedores escolares.

Este encontro reuniu nun mesmo espazo de diálogo a administracións públicas, representantes políticos, entidades do terceiro sector, empresas de alimentación e distribución, consellos reguladores, profesionais da saúde e representantes das familias. 

O encontro foi promovido pola Confederación ConsumES e a Unión de Consumidores de Galicia, que reuniu voces expertas do ámbito académico, sanitario, educativo e empresarial para analizar os impactos desta nova norma na saúde, a educación e os hábitos alimentarios das novas xeracións. O evento foi retransmitido en directo vía streaming na canle de Youtube de ConsumES.

Un encontro pioneiro pola súa transversalidade, pluralidade e impacto, que por primeira vez puxo sobre a mesa todas as perspectivas implicadas na aplicación do Real Decreto 315/2025, abrindo un debate social ao redor da alimentación escolar como dereito, reto educativo e motor de transformación social e económica.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Diálogo de Consumo

 O foro comezou cun diálogo entre Miguel López Crespo, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia e presidente da Confederación CONSUMES, e Marcela González-Gros, presidenta da Sociedade Española de Nutrición, no que se abordaron os principais retos do novo Real Decreto sobre menús escolares. Neste intercambio, López Crespo expuxo cuestións crave como a valoración da norma desde a comunidade científica, a definición das racións alimentarias, a regulación das máquinas expendedoras ou a posibilidade de crear consorcios cunha representación ampla para garantir unha aplicación efectiva e consensuada.

 Pola súa banda, González-Gros destacou que o Real Decreto supón un avance importante ao establecer criterios comúns entre as Comunidades Autónomas e recoñecer o comedor escolar como un espazo educativo e de equidade social. Tamén puxo en valor a introdución do perfil profesional en nutrición e dietética, e subliñou a necesidade de regular o vending con responsabilidade. Ademais, lembrou que moitas familias non perciben correctamente o sobrepeso infantil, polo que é esencial educar desde a escola nunha relación positiva coa alimentación, baseada na saúde e na prevención.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A continuación, o panel central do foro reuniu a representantes institucionais de distintas áreas da administración pública, quen achegou unha análise crítica e complementaria sobre o impacto do Real Decreto. Coincidiron en destacar o seu valor educativo, aínda que tamén sinalaron aspectos mellorables e retos na súa aplicación.

Marta Barreiro Castro, secretaria xeral técnica da Consellería do Mar, subliñou no foro a importancia dos centros escolares como espazos educadores en saúde, incidindo especialmente no papel do peixe dentro dunha dieta equilibrada. “Gustaríanos que o Real Decreto fose máis ambicioso e incluíse, por exemplo, as tres racións semanais de peixe”, afirmou, destacando que “o consumo deste produto é fundamental polas súas calidades nutricionais”.

Barreiro advertiu da caída sostida no consumo de peixe nos últimos anos, unha tendencia que atribuíu tanto ao prezo como a unha cuestión educativa. Neste sentido, lembrou que desde a Xunta de Galicia están en marcha diversas campañas para fomentar o consumo de produtos do mar en distintos formatos e anunciou a posta en marcha do “Bono Peixe”, que se activará este mes de xullo e que, segundo destacou, “foi moi ben acollido polo sector e busca precisamente xerar un hábito de consumo estable e consciente”.

Seguindo esa liña de compromiso co sistema educativo galego, Manuel Vila López, secretario xeral técnico da Consellería de Educación, puxo en valor a experiencia acumulada en Galicia no ámbito dos comedores escolares. “Hoxe en día damos para comer a miles de nenos e nenas durante 178 días ao ano, cun investimento diario de 300.000 euros. Contamos con máis de 450 comedores escolares, un sistema sólido cunha longa traxectoria”, explicou. Con todo, tamén advertiu sobre certas limitacións da nova norma: “Non se contou coa nosa opinión durante a súa elaboración, e detectamos que promove unha única cultura gastronómica. Os comedores escolares non poden asumir toda a responsabilidade: hai outras administracións con competencias que tamén deben implicarse”.

Pola súa banda, Jacobo Rey Sastre, director xeral de Familia, quixo chamar a atención sobre a exclusión do tramo de 0 a 3 anos do ámbito do Real Decreto. Segundo afirmou, “isto supón unha oportunidade perdida para a educación alimentaria temperá”. E engadiu: “En Galicia, máis do 60% do alumnado de 0 a 3 anos está escolarizado, e no tramo de 2 a 3 anos superamos o 80%. Para moitas familias, o comedor escolar é unha peza crave na loita contra a pobreza infantil. Por iso, nas escolas infantís galegas xa se aposta por menús baseados en produtos de tempada, de proximidade e de comercio local”.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Blas García, alcalde de Ames e representante da FEGAMP, expresou dúbidas sobre a viabilidade da norma: “Sen máis recursos, moitos concellos non poderán levala a cabo”.

O director de AGACAL, Martín Alemparte Vidal, sinalou que “a referencia á proximidade no decreto non prioriza os produtos certificados, o que sería clave para reforzar o sector primario galego”. Ademais, alertou das “dificultades reais de abastecemento nalgúns comedores, especialmente en contornas rurais”.

Así mesmo, desde o Instituto Galego de Consumo, o seu xerente, Sol Vázquez, achegou ao foro a perspectiva do control e supervisión da calidade nos comedores escolares.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O presidente de Mercasa, José Miñones, valorou o Real Decreto como “un documento basee necesario, que marca un punto de partida e que se irá mellorando co paso dos anos”. Destacou especialmente o seu valor harmonizador e preventivo. Con todo, Miñones sinalou algúns aspectos que considera mellorables: “queda curto en cuestións como regular os complexos deportivos ou os clubs, para dar continuidade aos hábitos saudables máis aló da escola”. E concluíu lembrando a relevancia institucional do texto: “É un documento avalado por cinco ministerios”.

Desde o sector empresarial, Juanjo de la Cerda, CEO da Agrupación industrial Alimentaria de Galicia (CLUSAGA), advertiu das incertezas que suscita a nova norma no ámbito produtivo e loxístico. “Queda moito campo por desenvolver e é unha mágoa que non se aproveitou esta ocasión”, sinalou. Tamén centrou a atención nas dificultades de acceso constante a determinados produtos: “O produto de proximidade e de tempada non está sempre dispoñible, e a regulación é excesivamente restritiva. En abril isto entra en vigor, e hai moitas dúbidas sobre a mesa”.

Doutra banda, Antonio Recuna, director de Seguridade Alimentaria e Nutrición de Conxemar, achegou ao foro unha visión crítica desde o sector pesqueiro. Recuna agradeceu os esforzos recolleitos no Real Decreto para mellorar a composición dos menús escolares, pero advertiu de erros e limitacións importantes: “Detectamos fallos nos que tentamos incidir, pero non foron tidos en conta”.

En concreto, sinalou o desacordo coas racións de peixe establecidas: “O Real Decreto fixa de 1 a 3 racións semanais, pero a AESAN recomenda 3; queda por baixo do recomendado”. Neste sentido, recalcou o impacto económico do peixe para as familias e reclamou un IVE reducido: “O informe Aladino reflicte que a obesidade infantil está máis presente nos fogares con menos capacidade económica. O prezo do peixe é unha barreira que deberiamos abordar”. Recuna tamén advertiu que a normativa “penaliza o consumo de peixe ao priorizar a proteína vexetal nos primeiros e segundos pratos”. Para el, isto “abre a porta a menús vexetarianos xeneralizados e aos alimentos de imitación, que non garanten unha dieta equilibrada e saudable como si o fai o peixe”. Finalmente, apuntou a importancia de mellorar a presentación e elaboración dos pratos de peixe para facelos máis atractivos ao público infantil, empregando especies de sabores neutros e técnicas culinarias adecuadas.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 A visión dos consellos reguladores contou coas achegas de Luis Antonio Vázquez, director de promoción da IGP Tenreira Galega, e Joaquín Garrido, xerente da DOP Mexillón de Galicia.

Vázquez centrou a súa intervención na dimensión educativa e informativa do Real Decreto, destacando que “é fundamental que todos os actores implicados conten coa maior información posible”. Sinalou que o texto “introduce recomendacións importantes” e recoñeceu que algunha “nos afecta directamente, como a limitación da carne vermella”. Considera clave deixar traballar aos técnicos que coñecen as necesidades nutricionais reais do alumnado. E concluíu: “Con racionalidade, educación a todos os niveis e @teniendo en cuenta as achegas de todas as partes interesadas, todo pode funcionar moito mellor”.

Así mesmo, Joaquín Garrido, xerente da DOP Mexillón de Galicia, achegou ao foro unha reflexión crítica desde o punto de vista das denominacións de orixe. Segundo afirmou, “este Real Decreto nace de costas ás DOP, non recoñece de maneira explícita os produtos con calidade diferenciada certificada, e no seu lugar introduce referencias a outros selos como ASC ou MSC”. Para Garrido, isto supón un risco: “Introducimos variables que fan pensar que esas outras certificacións terán máis peso na toma de decisións cruciais, cando a rastrexabilidade e a calidade certificada das DOP ofrecen unha garantía adicional para o consumidor”.

Ademais, manifestou preocupación pola aplicación práctica da norma: “Este decreto é unha boa base, pero temo que pase de ser unha ferramenta útil a converterse nunha metralleta de sancións, ou que acabe abandonado por non cumprir coas expectativas”. Garrido lamentou tamén que non se teña en conta un aspecto clave: “Fáltanos un estudo de verdade, non só do que se serve aos nenos e nenas, senón do que volve da mesa á cociña. Esa información é fundamental para saber que parte dos menús consómese realmente e que parte non”. Para finalizar, concluíu: “A intención é boa, pero debemos pensar no impacto real que terá sobre quen xestiona o día a día dos comedores”.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Pola súa banda, Melisa Pagliaro, directora de Marketing de GADISA, achegou unha visión desde o ámbito da distribución, sinalando que “basearse unicamente en prohibicións non é positivo; debemos incentivar unha actitude positiva cara á alimentación, especialmente entre a mocidade”. Ademais, puxo o foco no reto económico que supón incorporar produtos de proximidade e con certificación de calidade: “Pensar que o produto local e certificado vai custar o mesmo que outros produtos é unha utopía”. Con todo, valorou o espírito da norma de maneira construtiva: “Que se poña o tema sobre a mesa xa é un paso importante, e en principio véxoo de forma positiva”.

Manuel María Cancio, director técnico de CRAEGA, achegou ao foro a perspectiva da produción ecolóxica certificada, destacando que o Real Decreto establece que “como mínimo, o 5% do gasto en alimentación escolar debe corresponderse con produtos ecolóxicos certificados, cunha rastrexabilidade garantida”. Para Cancio, achegar estes produtos á infancia é fundamental: “Existen estudos que demostran que os consumidores habituais de produto ecolóxico son pais con nenos pequenos. Por iso, é clave que o alumnado coñeza e consuma estes produtos desde temperán”. Con todo, matizou: “O 5% pode ser un primeiro paso, pero claramente é insuficiente se o obxectivo da Axenda 2030 é que o 25% da superficie agraria útil sexa ecolóxica. Se falamos de saúde e sustentabilidade, a produción ecolóxica debería estar en primeiro lugar”.

Desde o sector do cátering, Sandra Sánchez, directora de zona noroeste de Ausolan, subliñou a importancia de contar cun marco normativo claro: “É moi importante que se implemente o Real Decreto porque, ata o de agora, sen unha regulación concreta, cada un facía o que quería. Está ben que haxa unha base común”. Explicou que a súa empresa serve máis de 250.000 menús diarios e aplica estratexias como o Plan NAVES para conformar os menús, aínda que recoñeceu as dificultades: “No camiño atopamos moitas barreiras. Este decreto dános ferramentas para rebater e mellorar”. Sánchez tamén puxo o foco na relación coas familias: “Queda moito por facer, especialmente no traballo con elas”.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Eduardo Sanjurjo, xerente de Kibus, achegou unha visión crítica sobre algúns aspectos pouco concretos do Real Decreto: “Vemos o texto vago cando fala de termos como proximidade ou temporalidade. Fálase de proximidade, pero referida á cadea de distribución. Fálase de temporalidade, pero sen vinculala ao territorio”. Subliñou que unha aposta máis clara polos produtores de proximidade permitiría “gañar en circularidade, reducir envases, residuos e mesmo os custos”. Para Sanjurjo, o decreto podería profundar máis na definición destes criterios para reforzar o impacto social e ambiental positivo do modelo.

O foro contou coa perspectiva do persoal de cociña grazas a Sandra Varela, representante de Rede Chef 2030. Varela remarcou a importancia de profesionalizar e garantir o cumprimento efectivo do Real Decreto: “O obxectivo é xerar hábitos. Hai colexios que xa o están cumprindo, o decreto é unha guía, pero fai falta vontade e conciencia de que traballamos con nenos”, sinalou.

Varela destacou que “non calquera persoa pode executar un menú infantil” e advertiu que “hai moitas cociñas onde non se está facendo nin a metade do que se podería facer”. Reivindicou que o comedor debe ser parte do proxecto educativo do centro e propuxo medidas concretas: “Faría falta un menú basee común para todos os colexios, aberto á temporalidade e ao receitario local, así como control e coordinación desde as administracións”. Finalmente, defendeu a creación dunha figura de supervisión presencial por zonas que combine un nutricionista e un oficial de cociña para garantir o correcto funcionamento do sistema.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

O foro contou coa participación de representantes dos grupos parlamentarios Popular e Socialista —Carmen Pomar e Julio Ernesto Abalde Alonso, respectivamente—, así como de entidades do terceiro sector, como CONFAPA e a Asociación de Celíacos de Galicia. A súa presenza deixou claro que a nova regulación non é só unha cuestión técnica, senón un reto social, político e cultural de gran envergadura.

Carmen Pomar, representante do Grupo Parlamentario Popular, puxo en valor o traballo que xa se realiza desde a Consellería de Educación en materia de comedores escolares, aínda que tamén foi crítica co enfoque do Real Decreto. “Paréceme un desiderátum, como tantos outros, no que os gobernos autonómicos han tido moi pouca participación. Isto é un ‘eu convido, ti pagas’”, afirmou.

Pomar insistiu en que “a alimentación e os hábitos alimentarios na infancia e adolescencia son un tema multifactorial” e que limitar a cuestión a un Real Decreto para os comedores escolares supón “simplificar en exceso”. Tamén sinalou que “o Real Decreto peca de falta de realismo económico, social, territorial e mesmo xeográfico, porque dentro do Estado e de Galicia existen realidades moi diferentes”. Por último, subliñou a importancia de complementar a normativa coa educación curricular: “Cando os menores cumpren 12 anos e van ao instituto, xa non teñen comedor escolar. Por iso, insisto na formación en hábitos alimentarios desde o currículo, para que interioricen esas aprendizaxes”.

Tamén interveu Julio Ernesto Abalde Alonso, representante do Grupo Parlamentario Socialista, quen destacou o papel crave da administración autonómica na xestión dos comedores escolares. “A Consellería e a Xunta teñen nas súas mans unha ferramenta moi importante para xestionar os comedores. Cremos que é un servizo fundamental tanto para a conciliación das familias como para a formación alimentaria do alumnado”, sinalou.

Abalde insistiu en que “a Consellería debe ser quen lidere, coordine e supervise ese servizo, sempre en colaboración cos concellos e coas Anpas”, subliñando que esta responsabilidade pública require un compromiso decidido. Respecto ao Real Decreto, afirmou que “me parece un bo decreto, que hai que desenvolver e para o que será necesario poñer os recursos necesarios para levalo á práctica”, destacando ademais que “non só ten un valor educativo, senón tamén de dinamización dos sectores produtivos vinculados á alimentación”.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Desde CONFAPA, o seu presidente Rogelio Carballo Solla valorou o Real Decreto como “necesario e positivo” ao establecer as bases dun marco común que permita avanzar, aínda que lamentou a ausencia de diálogo coas familias: “Non se nos consultou, a pesar da nosa experiencia directa coa realidade dos comedores”. Subliñou que “a nutrición infantil é un problema multidimensional” e advertiu que “hai aspectos do texto que parecen redactados por persoas que nunca pisaron un comedor escolar”.

Continuando coa representación das familias, Elena Rivas, da ANPA do Colexio Manuel Peleteiro, compartiu a súa valoración positiva do Real Decreto, afirmando que “o recibimos con moita alegría e satisfacción, porque había unha demanda social real”. Con todo, tamén sinalou certas limitacións: “Botamos en falta que fose máis concreto, xa que ás veces é difícil que as familias teñan un criterio claro sobre se o colexio está a ofrecer un bo servizo de comedor”. Rivas destacou que “os pais e nais cada vez temos máis preocupación pola alimentación dos nenos, porque sabemos que inflúe no seu desenvolvemento neuronal, físico e na súa capacidade de concentración”. E engadiu: “As Anpas actuamos como canle para mellorar os comedores, fortalecer a confianza das familias e fomentar a educación en hábitos alimentarios saudables”.

Pola súa banda, Gloria Bernárdez, presidenta da Asociación de Celíacos de Galicia, puxo en valor o traballo que levan desenvolvendo desde hai anos coas administracións e Anpas para garantir a seguridade alimentaria do alumnado celíaco. “Levamos tempo colaborando en formación e apoio desde a cociña ata o servizo”, sinalou, á vez que expresou a súa decepción: “Redúcennos a un parágrafo; cremos que se perdeu, unha vez máis, unha oportunidade importante”.

 Desde o ámbito da saúde, Uxía Rodríguez Lavandeira, vicepresidenta do Consello Xeral de Dietistas-Nutricionistas, destacou o potencial do novo Real Decreto como ferramenta para mellorar a calidade nutricional nos centros escolares con cociña propia. “Este Real Decreto vainos a permitir axudar e educar a moitos colexios onde, ata o de agora, os menús eran elaborados sen supervisión profesional”, explicou. Con todo, tamén mostrou reservas respecto a as frecuencias alimentarias que establece a norma: “Non compartimos ese apartado porque, simplemente, non cadran os números; é moi difícil de aplicar na práctica”. Aínda así, subliñou que “os comedores escolares poden ser un espazo crave para mellorar os hábitos alimentarios da infancia”.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar
Contidos relacionados
Por algún motivo no se a completado la carga del carrusel, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar