Foi un pracer contar coa participación de Daniel Gómez - Bravo, CEO de BREADFREE, e gozar da ilusión dun equipo de xoves profesionais que están a piques de por no mercado productos destinados a persoas intolerantes ao glute, xa que a súa empresa foi quen de illar os elementos que xeran intolerancia nas fariñas de trigo, cebada e centeno.
A secretaria xeral e o director técnico de SAFE Advocacy Europe, Floriana Cimmarusti e Luigi Tozzi fixeron unha breve presentación dos obxectivos que persegue esta organización europea da que UCGAL forma parte e que desde Bruselas traballa para defender os dereitos das persoas consumidoras europeas no eido da alimentación. Tozzi, desenvolveu unha ponencia na que incidía no prezo dos alimentos en Europa, a súa evolución e as políticas de marxes comerciais coas que traballa a industria e a distribución.