Antes de abordar a segunda mesa, Maria Devesa, directiva da UCGAL deu a coñecer os principais datos do estudo ¿Eres un consumidor sustentable? desenvolvido durante o mes de outubro e novembro de 2023. Neste estudo ponse de manifesto que aínda que as persoas consumidoras teñen unha boa imaxe de si mesmas, a realidade dos seus hábitos e condutas non se corresponde en igual medida.
Non podemos negar que o uso de algoritmos e da intelixencia artificial está presente cada vez en maior número de eidos e o sector do consumo non é alleo. O experto xurista en dereito das novas tecnoloxías, Miguel Vieito, analizou e puxo exemplos do uso destas ferramentas no sector do consumo e advertiu das eivas e riscos derivados dun uso indebido das mesmas e os efectos que poden ter para as persoas usuarias en particular e para a sociedade en xeral.