O secretario xeral da UCGAL, Miguel López, foi o encargado de dar a benvida a autoridades, participantes e asistentes a un congreso que foi conducido pola xornalista Loli Gómez. O Conselleiro de Mar, Alfonso Villares, encargado de inaugurar a primeira sesión do congreso que versaba sobre o Consumo de Produtos do Mar, afondou na necesidade de revisar a fiscalidade dos produtos do mar como medida que incentivaría o seu consumo.