O secretario xeral da UCGAL, Miguel López Crespo, foi o encargado de moderar a segunda das mesas nas que se analizou o impacto das vivendas de uso turístico en Galicia e Portugal, quen puxo sobre a mesa a negativa da FEGAMP a participar neste encontro malia tratarse dunha problemática que afecta cada vez a máis concellos de Galicia.
Participaron nesta segunda mesa, Luis Fernández Guitián, alcalde de Sober; Ana Lestido Reboiras, Directora de Competitividade Axencia Turismo Galicia; Mercedes Rosón Ferreiro, Concelleira de Urbanismo en funcións Concello de Santiago; Cesáreo González Pardal, Presidente do Clúster de Turismo de Galicia; Víctor Castro, Portavoz Plataforma Regulación de VUT (Prevituga) e Dulce Patricia da Mota, Xurista Delegación Rexional Minho en DECO.
As principais conclusións ás que chegaron os participantes na mesa foron as seguintes:
- O crecemento vertixinoso das VUT en Galicia alterou o ecosistema de pequenas e de grandes cidades galegas. En tan só 5 anos, desde a creación do rexistro autonómico das VUT, o seu número multiplicouse por catro, pasando de 5.000 en 2017 a case 19.000 a mediados do 2023. Ademais,desde hai varias tempadas é a modalidade de aloxamento turístico que máis prazas oferta en Galicia. Sumando máis de 91.000 (o 37 % do total).
- É indispensable establecer unha definición precisa, unívoca e consensuada do concepto de VUT .
- O éxito do fenómeno ten que ver en especial coa actividade de intermediación desenvolvida polas mal chamadas plataformas de economía colaborativa, que permitiron acceder a unha enorme ofertaaloxativa a golpe de click.
- Non existe un único perfil de usuario de Vivendas de Uso Turístico, un mesmo visitante pode ser usuario dun hotel, dun cámping ou dunha Vivenda de Uso Turísitico. A pandemia cambiou as preferencias, cambiou operfil do vendedor e do turista, pero o principal elemento na decisión dousuario turístico segue a ser o prezo.
- As necesidades dos usuarios turísticos cambiaron nos últimos anos e requiren de novas ofertas que as fórmulas de aloxamento tradicional por si mesmas non poden cubrir. Respondendo a unha demanda natural, as persoas propietarias son libres de poder obter unha rendibilidade do seu patrimonio nos termos que a lexislación permita en cada momento e especialmente respecto das VUT ubicadas en localizacións desprovistas desuficiente oferta aloxativa.
- En concellos máis pequenos, carentes de ferramentas de control normativo, as VUT contribúen a destruir a oferta de alugueiro tradicional e prexudican o asentamento de poboación no medio rural.
- O uso residencial tense que protexer, ante a demanda e necesidades da poboación local e, en especial, aquelas áreas consideradas como zonas saturadas. Ás VUT atribúeselles baleirar a bolsa do alugueiro residencial e tamén estudiantil nalgúns casos e incrementar o prezo da vivenda alí onde se sitúan, provocando ademais o desprazamento dos seus residentes.
- A realidade das VUT en moitas cidades está a supor unha seria ameaza ao modelo de cidade que historicamente as definiu e as fixo turisticamente atractivas, supoñendo un problema para a comunidade na que se instalan.
- O réxime de dereitos e obrigas das pesoas usuarias e propietarias resulta insuficiente e plantea inseguridade xurídica.
- Os expertos inciden na necesidade de definir un marco normativo estatal que achegue coherencia e corrixa a competencia desleal e inseguridade xurídica. En España en materia de turismo, non existe unha norma estatal que regule a promoción e a ordenación desta actividade. Diversas propostas autonómicas regúlana e como consecuencia produciuse unha multiplicidade de definicións legais sobre este concepto e unha disparidade, en ocasións contraditoria, sobre os requisitos que deben cumprir.
- A regulación autonómica en Galicia (Decreto 12/2017, do 26 de xaneiro daXunta de Galicia), precisa adaptarse á realidade actual deste fenómeno.
- Os expertos non avogan por lexislar máis, senón mellor. Inciden en que un marco legal estatal uniformice as normas autonómicas para garantir o principio de igualdade e permita establecer criterios de localización, duración da estancia, criterios de calidade e de esixencia fiscal.
- Ao respecto das plataformas como Airbnb ou Booking , é fundamental que a Unión Europea asuma a verdadeira natureza da actividade que desenvolven estas empresas, xa que logo, todos os expertos reunidos en Sober, coinciden en que non son meros intermediarios da sociedade da información, senón que están a deselvolver unha actividade económica de natureza turística; unha opinión que, entre outras, susténtase no feito deque ademáis de poñer en contacto a usuarios e propietarios, prestan outro tipo de servizos de natureza turística, ademáis de ser encargados de percibir os importes que o usuario paga polos alugueiros.
- Para acadar aquel marco legal é imprescindible a corresponsabilidade: un marco de actución conxunto entre administración central, autonómicas, municipais (FEGAMP e FEMP), empresarios de turismo, propietarios, veciños e por suposto asociacións de persoas usuarias. Regulación consensuada e madura para evitar a experiencia portuguesa: O goberno luso prohibiu a concesión de novas licenzas de alojamentos locais co obxectivo de frear a carestía da vivenda. En Lisboa e Porto o prezo davivenda aumentou un 20%.
- É necesario analizar o réxime tributario das VUT. O Estado debe promover un cambio normativo e as administracións competentes mellorar os servizos de inspección. Coa normativa actual as VUT supoñen unha competencia desleal para o resto de modelos de aloxamento ao non verse obrigadas a acatar as mesmas normas que outros negocios. 11 propietarios repártense 2.500 das 19.000 vivendas turísticas en Galicia e aínda que as realidades dos propietarios son diversas, os expertos coinciden en que superados certos límites temporais e de habitualidade, o seu réxime fiscal debería adscribirse ao ambito profesional e empresarial dunha actividade económica e non ao propio do rendemento do patrimonio inmobiliario dun particular.