A renovación proposta pola Comisión Europea baséase nunha avaliación da Autoridade Europea de Seguridade Alimentaria (EFSA) que non considerou a avaliación do risco dietético para os consumidores, incluso logo de atopar un alto risco a longo prazo para os mamíferos en 12 dos 23 usos propostos para o glifosato.
Ademais, o glifosato foi clasificado como “probable carcinóxeno” para os humanos pola Axencia Internacional para a Investigación do Cancro IARC en 2015, e numerosos estudos científicos demostraron a contaminación e os efectos negativos nos organismos vivos causados por esta substancia.
A evaluación de riscos realizada pola EFSA baséase na evaluación de perigos realizada pola Axencia Europea de Substancias Químicas (ECHA). Sen embargo, a EFSA recoñece que “identifícanse lagoas nos datos”. Ante a falta de datos, é crucial aplicar o principio de precaución, priorizando o bentestar das personas e o medio ambiente.
Se consideras que debería deixar de usarse este químico, podes sumarte aos grupos de presión que traballan con este obxectivo AQÚI.