O TXUE cuestiona neste recente sentenza a discutida comisión de apertura, que se viña cobrando por traballos aos que está obrigada a entidade financeira e que xa están incluídos no prezo da operación, como por exemplo avaliar a solvencia dos clientes.
Considera o Tribunal Europeo que a comisión de apertura non forma parte do obxecto principal do contrato e polo tanto pode ser obxecto de análise se pode constituír unha cláusula abusiva e ser avaliada polos tribunais. Con esta decisión corríxese unha vez máis o criterio da nosa xurisprudencia que viña considerando que a comisión de apertura regulaba un elemento esencial do contrato e polo tanto non podía considerarse o seu carácter abusivo se se entende de forma clara polo cliente.
A sentenza xorde logo de que o noso Tribunal Supremo trasladase ao TXUE unha cuestión prexudicial no curso dun procedemento xudicial seguido contra a entidade Caixabank, no que a persoa consumidora viña de gañar en primeira e segunda instancia.
Se tés dúbidas sobre o teu caso, podes contactar connosco.