A finais do ano pasado, o Concello de Santiago de Compostela e a Unión de Consumidores de Galicia puxeron en marcha diversas actividades para fomentar entre as persoas consumidoras do Concello de Santiago un coñecemento máis profundo da economía circular. O concurso Conecta coa Economía Circular a través da aplicación Tik Tok era unha desas accións, unha proposta de concienciación e sensibilización destinada a mozos e mozas con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos que residisen ou estudasen no concello compostelán. Para participar tiñan que realizar un vídeo a través da aplicación Tik Tok centrado nas 4R, reducir, reutilizar, reciclar e reparar. Os vídeos debían ter unha duración máxima dun minuto e utilizar o hashtag #EuCompost_ela.