A Fundación Abanca acolleu o pasado 29 de abril en Santigo de Compostela, a XI Xornada de Corredores de Seguros de Galicia organizada pola Fundación INADE, co fin de analizar as perperctivas actuais que afrontan as compañías aseguradoras, o entramado empresarial e como repercute nos aegurados.
José Ramón Santamaría Barreiro, presidente da Fundación Inade, encargado da apertura institucional, reivindicou o papel da Fundación para "fomentar cultura entre empresarios e empresarias, formar profesionais cualificados e divulgar as solucións que ofrece a industria aseguradora".
Durante o evento celebráronse tres mesas redondas. Na primeira debateuse sobre os modelos de negocio, o papel dos colaboradores externos, o cumprimento normativo e o uso de tecnoloxía. Os poñentes,Antón Cobián, director de ACV COBIÁN Risk & Insurance, Ángel López, conselleiro delegado de Nexo Correduría de Seguros e Iván Novo, director xeral de UCOGA Correduría de Seguros, coincidiron en que o colaborador externo pode supoñer unha vantaxe comercial, pero tamén un risco para a marca se non se xestiona adecuadamente.
A segunda mesa virou en torno ao papel que xogan os corredores no modelo de negocio das compañías. Os representantes de aseguradoras: José Ramón Álvarez Castañón, director del canal de Corredores de Allianz España; Celso Vieitez Seoane, director de la Territorial Noroeste de Generali; y Fernando Calvín García, director de Negocio Presencial de Santalucía Seguros, coicidiron en que a transparencia e a proximidade seguen sendo fundamentais.
A terceira mesa, moderada por Elia Costas, fundadora do Asegurado Decatado, abordou a visión do cliente, representado por Arancha Mañas, presidenta de APROEMA, Rafael Selectos, presidente de ATA Galicia (Asociación de Traballadores Autónomos Galicia) e Miguel López, secretario xeral da Unión de Consumidores de Galicia.