Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Deseñada por Freepik

UCGAL e CIG promoven unha campaña para que se modifique o importe exento para gastos de locomoción previsto no regulamento do IRPF

Baixo o lema "19 céntimos no bastan" UCGAL e CIG difunden esta campaña entre entidades e organizacións así como a través da plataforma Change.org

Unión de Consumidores de Galicia e a Confederación Intersindical Galega - CIG, poñen en marcha unha campaña dirixida a acadar a modificación da contía exenta de tributación establecida no Regulamento do IRPF para os gastos de locomoción. Esta contía establecida en 0,19 céntimos leva sen modificarse desde o ano 2007, nun contexto no que durante este tempo o IPC medrou máis dun 35% e no caso concreto do transporte, máis dun 42%.

Ambas as dúas entidades iniciaron a súa campaña con senllas cartas dirixidas á ministra de facenda, María Jesús Montero, e á ministra de traballo, Yolanda Díaz. A responsable de facenda é a titular da carteira competente para modificar o alcance da exención e a titular de traballo a competente para defender o dereito de millóns de traballadores a ver compensados os gastos nos que incorren cando deben facer uso do seu vehículo particular para uso laboral ou profesional.

Nas cartas remitidas, o secretario xeral da UCGAL, Miguel López, e o  Secretario de Institucional da CIG, Miguel Malvido, conclúen que a contía exenta establecida no artigo 9 do RD 439/2007 non basta para cubrir o custe real que para os contribuíntes do territorio común supón percorrer un quilómetro cos seus vehículos particulares, e que ademais esta situación ven producíndose desde hai tempo.

A exención noutros territorios

En comparación, por este mesmo concepto, no territorio do Euskadi e Navarra a exención acada os 29 e 32 céntimos respectivamente o que supón unhas diferenzas de máis do 52% e 68 % e un obvio agravio comparativo para o resto de contribuíntes do Estado que desde hai anos son compensados polas súas empresas cun importe que non cubre o custe real que supón percorrer un quilómetro cos seus vehículos.

Un estudo que confirma esta demanda

UCGAL ven de desenvolver un estudo que confirma estas conclusións e para cuxa elaboración tivo en conta as seguintes variables:

  • Prezo dos vehículos durante o ano 2022, que para os vehículos con motores 100% de combustión ascendeu a 23.443 euros.
  • Amortización dos elementos de transporte segundo a AEAT, 14 anos.
  • Mantementos, reparacións e cambio de neumáticos.
  • IVTM e ITV durante os 14 anos do prazo de amortización.
  • Seguros.
  • Quilómetros percorridos anualmente, estimados en 20.000.
  • Consumo medio dos vehículos.
  • Prezo dos carburantes, segundo datos do MITMA.
Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

Difusión da campaña

UCGAL ven de informar a sindicatos, organizacións profesionais, empresariais, e de consumidores desta iniciativa co obxectivo de que se sumen formalmente a esta petición.

Ao mesmo tempo ven de poñer en marcha un proceso de recollida de sinaturas na plataforma change.org para que todos as persoas contribuíntes que se consideren prexudicadas por esta falta de actualización da contía exenta poidan sumarse a esta iniciativa. ASINA A PETICIÓN