Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

Coloquio evento "O teu desexo para 2022"

UCGAL, Carrefour e a Consellería de Política Social entregan na Coruña os premios do evento “O Teu Desexo para 2022”

Santiago, 2 de febreiro de 2022

Esta mañá, o centro comercial Carrefour acolleu o acto de entrega dos premios ‘O teu desexo para 2022’, un certame organizado pola Unión de Consumidores de Galicia co patrocinio de Carrefour e a colaboración da Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

No evento participaron a Conselleira de Política Social, Dona Fabiola García, O Secretario Xeral da Unión de Consumidores de Galicia, Miguel López Crespo, e os responsables de Carrefour Don Francisco Couso Cantos e Alejandro Puig, ademais do Director xeral de Familia, Jacobo Rey Sastre;

Esta segunda edición do certame ‘O teu desexo para 2022’ constaba de dúas categorías: unha destinada a nenos e nenas alumnos de escolas infantís de Galicia e outra dirixida aos menores de 12 anos acollidos en centros de protección de menores. A dotación de ambas as dúas categorías foi de 500 euros canxeables por xoguetes e material escolar en calquera centro Carrefour de Galicia.

O representante dos consumidores galegos, Miguel López, explicou que esta iniciativa naceu coa idea de ter en conta, nun contexto tan complexo como foi o de 2020 e 2021, aos máis pequenos así como a aqueles rapaces e rapazas que, por diversas circunstancias, estivesen en centros de acollida. “A resposta foi moi boa. Recibimos 60 candidaturas e unha resposta moi positiva por parte de todos os centros parcipantes”, sinalou López que agradeceu a implicación tanto de Carrefour como da Xunta de Galicia na realización deste certame.

Conselleira Fabiola García e representante da UCGAL Miguel López

Pola súa banda, o responsable de Carrefour, Alejandro Puig, quixo destacar o tempo e esforzo adicado polos gañadores e salientar a importancia que teñen para Carrefour este tipo de iniciativas nas que “estamos encantados de participar”.

Clausurou o acto e fixo persoalmente entrega dos premios a Conselleira de Política Social, Fabiola García quen salientou a importancia de participar nos desexos dos máis pequenos para axudarlles a cumprilos e converterse en adultos con valores.

Os gañadores do certamen

Na categoría de escolas infantís a entidade galardoada foi a Escola Infantil Paradai de Lugo por un proxecto desenvolvido pola aula de 2-3 anos, e o premio foi recollido pola responsable da dita aula, Eva Fernández Freire.

Na categoría de centros de menores, a entidade galardoada foi a Miniresidencia “A Milagrosa” de Carballo e o premio foi recollido polo seu director, Don Adrián Pérez Yanini.