O pasado martes 23 de maio, na sede o Consello Económico e Social de Galicia tivo lugar o acto de constitución de ConsumES organización de consumidores e usuarios de ámbito estatal integrada por seis das organizacións de consumidores autonómicas con máis presenza institucional, territorial e mediática do Estado.
Unión de Consumidores da Comunitat Valenciana, Unión de Consumidores de Galicia, Unión de Consumidores de Euskadi, Unió de Consumidors de Catalunya -UCC, Unión de Consumidores de Castilla y León e Unión de Consumidores de Cantabria suman unha longa experiencia na defensa das persoas consumidoras e usuarias do o noso país e unha traxectoria que data do inicio do movemento consumerista español.