Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.
Xornada "Desperdicio Cero"
Xornada "Desperdicio Cero"

UCGAL organiza a xornada "Desperdicio Cero" para analizar as cifras do desperdicio alimentario.

Coa colaboración da Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático, a Axencia Galega da Calidade Alimentaria e ASUGA.

O hotel NH Collection de Santiago, acolleu o día 18 de xuño a Xornada "Desperdicio Cero" na que profesionais dos sectores da produción, distribución, universidades, administración e consumidores analizaron as actuais cifras do desperdicio alimentario e o actual marco normativo dirixido a reducilo.

A xornada foi presentada polo secretario xeral da UCGAL, Miguel López e inaugurada polo director xeral de Calidade Ambiental e Sustentabilidade, da Conselleria de Medio Ambiente e Cambio Climático da Xunta de Galicia, Ramón Boga, quen sinalou que o efecto do desperdicio alimentario no medio ambiente é o responsable da emisión dun 8% dos gases de efecto invernadoiro, equiparable ao efecto do transporte por estrada.

Marco normativo

A Subdirectora Xeral de Calidade e Sustentabilidade Alimentaria, do Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, Ana Díaz Pérez, fixo unha exposición dos aspectos normativos do desperdicio alimentario. Concretamente, comezou definindo os obxectivos que sobre este aspecto establece a Axenda 2030, en primeiro lugar a redución dun 50% do desperdicio alimentario no comercio retallista, e en segundo lugar reducir as perdas nas cadeas de produción e subministración.  

Para lograr eses obxectivos, establécense estratexias. Por exemplo, “Da granxa á mesa”, un plan que busca integrar noutras políticas da Unión europea a prevención de perdas e propoñer obxectivos xuridicamente vinculantes para a redución de residuos. 

Desde a Directiva Marco sobre residuos presentada á Comisión europea en xullo de 2023, establecéronse tamén obxectivos claros para 2030 nesta materia. Concretamente quérese reducir un 10% as perdas no elo da transformación, e conxuntamente no elo da venda polo miúdo e distribución, restaurantes e servizos alimentarios e fogares, un 30%. Segundo Ana Díaz, con esta lei búscase que as empresas realicen un autodiagnóstico dos seus procesos que identifiquen onde se produce a xeración de excedentes e os desperdicios, e así poder establecer medidas que minimicen esta xeración.

O proxecto de lei establece unha xerarquía de prioridades para o uso dos alimentos antes de desbotalos. En primeiro lugar, débense realizar doazóns; e especialmente os establecementos de distribución con superficie maior a 1300m² estarán obrigados a manter convenios para doar os seus excedentes. En segundo lugar, débense destinar á transformación doutros produtos de uso humano; se isto non fose posible serán destinados á industria de alimentos para animais; en cuarto lugar, o seu destino será o de subproductos noutra industria e en última instancia a compostaxe ou biomasa.

 

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

A primeria mesa abordou o desperdicio no sector primario e na industria  na que estiveron representadas cooperativas agrarias, fabricantes de bebidas, e alimentos asi como un experto en valorización de subprodutos da pesca. A importancia do clima é un factor a ter en conta no sector agropecuario que orixina perdas involuntarias das que non se pode responsabilizar ao produtor e por tanto non se lle poden impoñer cargas ou obrigacións respecto diso que fagan máis difícil a produción agraria. A imposición de sancións que establece o proxecto de lei en caso de incumprimento de obrigacións non parece ser un modo eficaz de concienciar ao pequeno agricultor, segundo o representante das cooperativas agrarias galegas, Higinio Mougán. Cren os produtores agrarios que se debe influír sobre os axentes da cadea para distinguir o evitable do inevitable, mediante campañas de sensibilización informativas e non partir dunha táboa rasa que defina o desperdicio e impoña taxas de redución lineais. Piden desde a súa asociación, loitar contra as prácticas comerciais desleais, unificando a linguaxe de comercialización de alimentos. 

A representante dos fabricantes de alimentos e bebidas, Paloma Sanchez Pello (FIAB), afirmou que se avanzou moito nos últimos anos en innovación, en especial no sector do packaging, para controlar as perdas na produción. Conscientes de que son perdidas de beneficios, tamén destacou que a comunicación entre empresa e consumidor facilitou que se desboten menos produtos na fase de consumo. Con respecto ao proxecto de lei, sinalou que a lei obriga a reducir, pero reducir ten límites e non se pode obrigar a reducir máis aló deses límites.

Para o representante o CSIC, Xosé Antón Vázquez a importancia dos subproductos da pesca, así como os descartes, entendendo por tales o produto que no momento da extracción refúgase directamente, hai que convertela nunha ferramenta para evitar perdas na produción pesqueira. É necesario reutilizar eses subprodutos mediante a mellora de procesos industriais, como a biorrefinería ou o hidrolizado encimático, e a procura doutros consumidores para ese novo produto terminado. A innovación nese sector está a avanzar e a fariña de peixe como último recurso xa nos será a única opción. Aínda así, o desperdicio cero no sector da pesca é utópico, hai un desperdicio inevitable.

Segundo Perla Ferrer (Clusaga), a produción de ingredientes en po para a transformación alimentaria que garanta menos diminucións nos procesos, as novas tecnoloxías en packaging con fórmulas máis intelixentes para almacenar os alimentos ou o ecodiseño, son exemplos de desenvolvementos innovadores que melloran a produción contribuíndo a minoras as perdas.

As cifras do desperdicio

José María Medina, Carmen Chao e Adriá Burniol
Mesa: as cifras do desperdicio alimentario

 

Como se mide o desperdicio?, que debemos contar?, onde? 

Estas preguntas obtiveron resposta na exposición que fixo José María Medina, membro da fundación Enraiza Dereitos, especialista no desenvolvemento de talleres e modelos de cuantificación do desperdicio alimentario. Segundo este experto, é necesario distinguir entre desperdicio e subproducto en primeiro lugar, e é fundamental saber onde medir. Elaboraron un modelo que estratifica a medición dos excedentes de cada unidade de produción segundo a subdivisión de código de actividade a catro díxitos do CNAE da Seguridade Social, para que así se poidan realizar comparacións entre os distintos sectores de forma homoxénea. 

Á súa vez, dispoñemos de dous métodos: un directo mediante pesada, análise de composición de residuos, e outro indirecto, mediante referencias. Non todos os métodos serven para todos os elos da cadea. A nivel xeral despois de realizar os estudos de medición pódese concluír que a poboación non é consciente do que desperdicia. A medición e o cálculo convértese así nunha ferramenta de concienciación e sensibilización en cada axente e sector sometido a estudo. 

A Fundacion Espigoladors, da que forma parte como investigador Adriá Burniol, desenvolve o seu labor no sector primario, na agricultura, mediante proxectos que promoven a “rebusca” ou “espigueo”. Isto é, o aproveitamento dos produtos que unha vez cultivados son recuperados mediante un segundo proceso de recolección na terra. Segundo a FAO, un terzo dos alimentos pérdese, e á súa vez unha cuarta parte da poboación mundial está en risco alimentario. O produto recuperado mediante o espigueo é doado a bancos de alimentos ou Cruz Vermella, e a súa recolección realízase por voluntarios o que dá unha maior difusión a este labor, convertendo esta estratexia nunha ferramenta de sensibilización fundamental.

 

Prudencio Prieto, María Martínez, Mariña Rivas, Melisa Pagliaro y Brígida Nieto
Mesa redonda: a distribución de alimentos e o desperdicio cero

 

A terceira das mesas, a distribución de alimentos e o desperdiio cero, estivo protagonizada polo segundo gran elo da cadea alimentaria, o sector distribución, e foi moderada por Prudencio Prieto, presidente da Unión de Consumidores de Castela León. Nesta mesa a representante de ASEDAS, María Martínez-Herrera, cifrou no 0,6% o desperdicio producido en 19.000 puntos de venda en toda España. Sinalando que para a distribución desperdicio é todo o que non se pode vender. Os grandes distribuidores están moi concienciados na prevención e innovación para a prevención de perdidas. As súas políticas mercantís de promocións en produtos de próximo vencemento e manexo intelixente de stocks provocaron que esa baixa porcentaxe de desperdicios conleve que as doazóns que realizan pódese dicir que forman parte dunha politica social das empresas máis que dunha obrigación para evitar os desperdicios.

Insisten todas elas en que os bancos de alimentos non son considerados como o vertedoiro das distribuidoras. Aínda así, cren, que todo é mellorable e están abertas a suxestións e propostas respecto diso.

O consumidor ante o desperdicio alimentario

Pedro Ferreira, José Ángel Oliván, Luis Rial Sierra, Manuel Mora y Rogelio Carballo
Mesa: o consumidor ante o desperdicio alimentario

 

A última das mesas estivo participada por representante dos consumidores, dos bancos de alimentos, dos concesionarios de comedores públicos e da hostalería  e debateron sobre as novidades do proxecto de lei e como lles pode afectar. 

Rogelio Carballo coordina o servizo de comedor de 1100 alumnos diariamente na provincia de Pontevedra, o seu maior reto é levar cada día menús equilibrados, de tempada co que abastecer os seus comedores. Moita xente que participa neste labor é voluntaria cando se trata de comedores sociais nos que o desperdicio adoita ser un problema menor. Para el existe un claro dilema para derivada da condición de pertencer a unha institución sen fin de lucro e responsabilidade social por unha banda e por outra ter obrigacións fiscais como calquera sociedade capitalista.

Manuel Mora describiu a xestión dos bancos de alimentos no día a día como uns intermediarios entre as persoas en exclusión social acredoras do beneficio alimenticio e os doantes, a través das pequenas unidades de xestión directa das axudas como pode ser Caritas e outras asociacións similares. As campañas de doazón que realizan con voluntarios na rúa reciben un 90% máis de apoio que as que se realizan en comercio retallista sen voluntarios. Con todo, prevé que un dos efectos da nova normativa sexa o incrementos das doazóns ás que están obrigadas os axentes da cadea. Para que as doazóns non produzan perdas durante a fase de entrega sométense a tres controis de caducidade: un, na entidade doante, outro no banco, e un máis na entidade receptora que fai a entrega dos produtos ao consumidor final.

A estimación económica de alimentos por persoa-mes é de 160 euros. Con todo, cada usuario dos bancos de alimentos en España recibe un 20% desa cantidade segundo afirmou o presidente do Banco de Alimentos Rias Altas. 

O presidente da Unión de Consumidores de Aragón afirmou na súa intervención que o desperdicio reduciuse en virtude dun maior incremento dos prezos dos produtos da cesta da compra. Segundo José Ángel Oliván a motivación económica é xeradora dun menor desperdicio, que segundo as súas declaracións soamente alcanza ao 4% nos fogares, responsabilizando aos demais axentes da cadea do 26 % restante.

A visión desde o sector da hostalaría quedou en mans de Luis Rial, subdirector da Escola Superior de Hostalaría de Galicia, quen puxo sobre a mesa o importante traballo que desde o sector se leva facendo para reducir o desperdicio de alimentos durante todo o proceso que se segue no sector, desde a planificación das compras, a elaboración de menús e o aproveitamento dos alimento non servidos.

Por algún motivo no se a completado la carga de la galeria, pincha el botón recargar para intentarlo de nuevo.

Recargar

 

Na xornada tamén participou o director xeral de Comercio e Consumo, da Conselleria de Emprego Comercio e Emigración, da Xunta de Galicia, Gabriel Alén, inaugurando a sesión da tarde. Apostou nas súas declaracións polas novas xeracións, considerando que serán moi conscientes nas súas decisións de compra, tendo en conta non só a orixe dun produto senón tamén as consecuencias finais. 

A Clausúra da xornada estivo a cargo da subdelegada do Goberno en Galicia, María Rivas, quen insistiu na necesidade de sensibilizar á poboación sobre a importancia da redución do desperdicio alimentario, en liña coas actuais políticas europeas e destacou o proxecto de lei como unha ferramenta fundamental para camiñar, xunto cos nosos socios europeos, pola senda marcada desde Bruxelas.

A presidenta de UCGAL, Rocío Arnoso, foi a encargada de despedir a xornada agradecendo a asistencia do público e a participación de ponentes e autoridades, emplazándoos para o seguinte evento no que abordaremos a actualidade dos envases a xestión dos seus residuos.