Ola! Empregamos cookies propias e de terceiros para analizar o uso desta web e mellorar a túa experiencia de navegación. Ao continuar navegando entendemos que aceptas a nosa política de cookies.

   Saber máis - Aceptar.

UCGAL e AGACAL valoran estratexias de colaboración en materia de información ás persoas consumidoras.

A asociación considera fundamental incidir en aspectos relacionados coa información que os consumidores reciben a través do etiquetado e co fomento do consumo de alimentos de proximidade.

O secretario xeral da UCGAL, Miguel López, mantivo no día de hoxe unha xuntanza co novo director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte co obxecto de valorar estratexias e liñas de colaboración que permitan avanzar en materia de información ao consumidor e o consumo de produto local e de calidade diferenciada. O director da Agacal, que asistía por delegación da conselleira de Medio Rural, María José Gómez Rodríguez, recibiu as propostas trasladadas por Miguel López co compromiso de valoralas no curto prazo.

Por outra banda, abordouse a conclusión do traballo desenvolvido nos últimos meses, así como a próxima presentación pública do mesmo, do que no seu momento daremos conta nesta web.

 

Martín Alemparte, director da Agacal e Miguel López, secretario xeral da UCGAL