Reclamacións
Segundo OAUTEL, o volume de reclamacións de servicios converxentes, vai do 1,24 de MOVISTAR e 9,04 de VODAFONE, situándose o resto de operadores entre 1,79 de EUSKALTEL e o 4,35 de R. Hai que considerar que o 81% das liñas fixas e o 86% das móbiles soportan servizos converxentes.
En relación cas queixas sobre a atención ao cliente, os rexistros do organismo sinalan que MOVISTAR presenta o menor volume, 0,17 e VODAFONE triplica o dato (0,51).
En canto ás reclamacións móbiles, a OAUTEL, sitúa a VODAFONE co peor índice de reclamacións (3,71) e a ORANGE co mellor (1,27).
Seguindo cos datos da OAUTEL, agora en referencia ás reclamacións do servizo fixo, estas presentan un volume que vai do 2,7 de EUSKALTEL ate o 33 de ORANGE, pasando polo 27 de MASMOVIL e o 19,5 de VODAFONE.
Segundo a SETID, as reclamacións no móbil oscilan entre o 0,45% de VODAFONE a case o 2,5% de ORANGE e MOVISTAR. No prepago flutúan entre o 0,087% de MOVISTAR e o 2,22% de VODAFONE.
As relativas a facturas atópanse entre o 0,057% de VODAFONE e un 1% de MOVISTAR.
Os tempos de resolución de reclamacións van desde os 23 días de R, ou os máis de 14 días de MASMOVIL, aos 2,71 de VODAFONE.
No relativo ás reclamacións sobre o servizo fixo, a SETID amosa un abano que vai desde o 0,96% ate máis do 5% de R e TELECABLE. Os tempos de resolución móvense entre os 5,30 días de VODAFONE ate os case 20 de MASMOVIL e R.
Por último, as reclamacións sobre factura no servizo fixo presentan uns rexistros desde o 0,20% de MASMOVIL ate o ,41% de TELECABLE.
Podes ver a Nota de Prensa en Castellano e en Galego e o Estudio Completo