AS VELOCIDADES CONSEGUIDAS, RELEVANTES, PERO POUCO…E SÓ EN BAM
As medias das velocidades de descarga e subida en BAF sitúanse por encima do 95%. En baixada rexístranse caudais medios desde o 96% (Másmovil), ata o 101% de Orange e Movistar; o resto superan o 98%. En subida, o rango vai desde o 96% de Másmovil, ata o 99% de Orange.
En BAM o caudal medio de descarga sobre a oferta de 150 Mb vai desde o 51% de Orange ata o 53,46% de Másmovil, é dicir, unha moi leve diferenza. Na subida, si se aprecia unha diferenza maior como, por exemplo, a que reflicten os datos de Movistar (82%) ou Orange (81%) e Vodafone (74%).
AS RECLAMACIÓNS E QUEIXAS
Os servizos converxentes, segundo a CNMC, representan o 97% das liñas fixas e o 90% das liñas móbiles de pospago. Por iso, reúnen a maior parte das reclamacións dos usuarios #ante a OAUT. Neste capítulo o mellor comportamento corresponde a DIGI con 0,26 por cada 10.000 usuarios. No extremo contrario, Vodafone con 2,96. Os operadores baixo a órbita da fusión Másmovil e Orange (estes e Euskaltel, R e Telecable) sitúanse en 1,38. Por último, Movistar rexistra 1,15. En atención ao cliente as queixas dos usuarios sitúan a R como o mellor operador cun volume de 0,021 por 10.000 abonados. Por baixo do 0,1 atópanse Digi, Euskaltel, Orange e Movistar. Vodafone presenta un volume de 0,13 e Másmóvil un 0,15 por cada 10.000 abonados.
CONCLUSIÓNS
- É preciso seguir facendo os maiores esforzos para manter a fiabilidade das redes e, en consecuencia, conter as porcentaxes de avarías especialmente naqueles operadores que superan o 1%.
- O carácter esencial das redes require tempos de reparación prudentes, superar os 5 días ou aproximarse aos 7 é profundar na incomunicación.
- Quedar por baixo do 90% ou non alcanzar o 95% das reparacións realizadas no tempo comprometido supón un servizo deficiente ou mal dimensionado.
- As reclamacións poñen de manifesto que é preciso mellorar a primeira liña de atención aos clientes que radica nas propias empresas. As avarías e a súa mala xestión incrementan a insatisfacción dos clientes e socaban a defensa dos seus dereitos.
- As medicións de velocidade que revelan os caudais de descarga e subida non lanzan grandes diferenzas en BAF, sendo algo máis acusadas en BAM, aínda que neste caso a limitación é que os caudais son escasos en relación coas velocidades ofertadas.
- As auténticas prioridades da dixitalización son: promover o acceso ás conexións de rede por parte dos usuarios e o acceso aos dispositivos necesarios, e incrementar a formación e o coñecemento no uso da tecnoloxía.
Ademais, o mantemento das infraestruturas require unha contribución equilibrada de todos os axentes, incluídas as grandes plataformas dixitais que fan un uso intensivo das redes, so pena de poñer en risco a sustentabilidade das mesmas e, por tanto, a calidade da experiencia de todos os usuarios.
- Por outra banda, ao obxecto de avanzar na cohesión social e territorial é necesario promover a plena conectividade de alta velocidade, actualmente representada polas tecnoloxías de fibra óptica e de 5G en todo o territorio, incluíndo aos municipios de menor tamaño. Neste sentido a Asociación de Internautas (AI) considera imprescindible impulsar e incentivar os mecanismos de colaboración público-privada para universalizar o acceso á conectividade e cumprir os obxectivos do Plan España Dixital 2026.